Opinión

A est(r)ela do Narf

Domingo, ao vir a noitiña, houbo unha estrela a brillar con especial fulgor sobre os ceus de todos os territorios do mundo onde se fala a nosa lingua galego-portuguesa. A lingua nascida e criada con agarimo no antigo Reino da Galiza, levada a sul polas xeracións que desde xa hai perto dun milenio nos precederon, consolidada como oficial e de estado. A florescer en Portugal e espallada polo mundo inteiro polos e polas nosas emigrantes, e tamén polas e polos nosos irmaos lusitanos. Espallado e regado polos sete mares, o galego voltou sempre as súas orixes, levado por marés de irmandade. E resistindo aquí, no seu berzo, embalado e agarimado polo seu pobo, a pesar de todos os pesares, a esperar contra toda esperanza, dispostos a rectificar a historia.

O galego sempre volta para nós, mesmo para quem não o quer. Também com sons e sotaques minhotos, portuenses, alentejanos, alfacinhos, algarvíos, tropicais, cariocas, pretos, mulatos, americanos, africanos, do Oriente. Com vitalidade renovada, alegre, orgulhoso, mestiço, solidário. Afetuoso e meigo. Brando e terno. Carinhoso e afável. De ida e de volta. De solidariedade e fraternidade. Sem estridência ou ameaças. Com alma e coração. Para nós voltarmos às origens. Com grafia legítima ou importada. Histórica ou imitada. A se modernizar e atualizar, fiel a si próprio, ao seu povo e aos povos que também o adotaram. Para construir laços de fraternidade, de solidariedade.

Por iso, domingo a estrela do Narf sorría e resplandecía na vía láctea galilusófona, ao ver o seu soño ter continuidade, o seu proxecto prender, esas pontes de afectos e recoñecimento mutuos creceren. No reencontro da patria común que é a lingua. Na voz dos irmaos e irmáns a se corresponder. Alô irmão, Alô irmã. Por iso, cando os Timbila Muzimba saíron ao palco, acompañados por Marcos Teira, por Luíz Caracol, por Uxía, por toda a súa familia artística, pola compaña agarimosa do público, a estrela do Narf voltou a refulxir no universo da galeguía. Coa cosmogonía do Bumba, na Zigala imaxinaria e imaxinada, a soñar con Zemambiquo, bañadas por unha Maré chea de luz. Renovada, actualizada, rexenerada. Na voz dos Verto, dos Néboa, dos Familia Caamagno, dos Ailá, de Berlai, de Davide Salvado, acompañados por todas as amizades atlánticas. Facendo posíbel o soño de acoller novos públicos, novos valores.  A transitar os camiños da estela que a estrela do Narf continúa a pintar no ceu.

Comentarios