Opinión

O franquismo non se branquea

“Co fascismo non se debate, se combate”.  Ao fascismo hai que destruílo. O diálogo non está feito para as bestas” (Jean Paul Sartre).

Tarde piou Pablo Iglesias –e a súa organización-  Partimos do programa da SER.  Onde  o líder de Podemos –todo digno- retirábase, Ben, moi ben !! Non obstante, recordemos que o mesmo Iglesias debateu con Abascal, fai non moito tempo.  Ou sexa  que agora é o momento de negarse  a branquear o neo-fascismo, e daquela non?.

 Recordo que na Praza de Armas, no Ferrol, cando ás eleccións municipais,   non había debate, simplemente unha “foto de familia”.  Quer dicer os/as cabezas de lista pousaban para un xornal. Pois, só a representante, Iolanda Teixeiro Rei,  dun Partido pequeno, pero importante para a nación galega (compre pensar no decrecentismo, se somos hoxe marxistas-engelsianos)  foi quen de marchar, expresando coa contundencia o que se precisaba: “Eu non me retrato con fascistas”.. Ninguén abandonou o acto con ela. Como así fixeron na SER, con Iglesias.

Ou sexa que moito tempo antes, unha ferrolana rexeitou o neo-fascismo antes que en Madrid, E sen ser acompañada, como Iglesias, polos participantes. Grazas colega Gabilondo , pola túa postura.

Pablo Iglesias (o que ía conquistar o ceo por asalto, e non chegou nin ao  3º piso) prestouse a unha trampa, seguramente. A de sentarse a carón dunha fascista, pensando que a ía eliminar dialécticamente. E, paradoxalmente –ou non- Aitor Esteban, dun partido burgués (PNV)  -que non pretende asaltar o ceo-, evitou sempre calquera contacto con VOX,  organización fascista, que entrou, e ben que entrou no “xogo democrático”, e agora xa é tarde.

Vox and Cía,  xa están aquí , e veñen para quedarse. Unha vez instalado ,non existe educación que valga contra o fascismo. A este non se lle pode branquear desde o principio.  Acertadamente dixo Hegel: “A historia nunca borra o que oculta”.  E, permitindo un desmentido ao gran Marx (no 18 Brumario): A repetición en forma de farsa pode ser tan terrorífica como a traxedia orixinal.

Xa estamos ante un fascismo sen uniformes nin simboloxía. Trátase do fascismo de paisano.  O que dá como natural a superioridade da oligarquía. A acción simbólica,a denominada “interrelación comunicativa” (como Habermas, entre outros din), é impotente fronte a violencia fascista. Mediante o diálogo, debate, etc…, non se pode eliminar todo o conxunto de crenzas, paixóns, intereses e pulsións da oligarquía e dos seus cans de presa (o lumpen, sobre todo), que permanecen indeferentes –cando non xa sardónicos- ante as condenas que o “humanismo” lles poida aconsellar. Pablo Iglesias chegou tarde, moi tarde.

Conclúo cun clásicos  G. Dimitrov. “As masas da pequena burguseía, mesmo unha parte dos obreiros, levados á desesperación pola miseria, o paro, e a inseguridade da súa existencia, convírtinse en vítimas da demagoxia social e do fascismo”.

NOTA BENE: Vox, ese partido, tiña que pedir a invasión de Xibraltar. Con dous collóns , eses que eles reinvindican.  VOX, o partido que procura a unidade diso que se chama “España…… Dous  cojonazos, (españoles, toreros)  e a invadir. Non os teñen. Pretenden Galicia, Euskadi e Cataluña. Non se atreven co imperio da Gran Bretaña.  Son covardes.

Parafraseando ao Marqués de Sade..  “Un esforzo máis españolazos,  para ser patriotas”.  Conquistade Xibraltar.. A España fascista –hai outra, por suposto, anti-fascista e honorarebel-  representa o que Hannah Arendt describía como “ciclistas”:  os que pedalean contra o inferior, e alómbanse ante o superior.

“Españolear, españolear”, cantaba un tipo, Manolo Escobar.   E outro ,  José  Luis y su guitarra ( pregunten a Alfonso Alvarez Cáccamo, que moito nos rimos con esa canción).  Españoleen e recuperen o que din que son os seus territorios.

Cando Castelao dicía  “sodes uns imperialistas fracasados” , non imaxinaba tan sequer isto. O fascismo español fracasa porque non ousa  mandar as súas tropas a reconquistar Xibraltar, só á illa de Perejil, para facer o ridículo.  

E: Viva Galicia  ceibe, e socialista.

Comentarios