Opinión

A pesca en Europa: a nova PPC

Ven de saír publicada a que será a nova Política Pesqueira Comunitaria (PPC) até o 2022. Fuxindo de tecnicismos, as novidades desta nova PPC son:

Ven de saír publicada a que será a nova Política Pesqueira Comunitaria (PPC) até o 2022. Fuxindo de tecnicismos, as novidades desta nova PPC son:

"Imaxinemos un barco querendo pescar sapo, máis na rede só veñen merluzas, das que non teño cuota. Europa obriga a descontar esa merluza  da cuota de sapo que temos, e traelo para terra"

  • Prohibición dos descartes. É decir non poder tirar ningún peixe ao mar e traer todo para ser desembarcado. Isto supón importantes costes para os armadores en materia de control e costes tamén para tratar os peixes a bordo que non teñen valor comercial. Por outra parte, e máis importante, suporá unha importante reducción de cuotas. Imaxinemos un barco querendo pescar sapo, máis na rede só veñen merluzas, das que non teño cuota. Europa obriga a descontar esa merluza  da cuota de sapo que temos, e traelo para terra, aínda que no valga para consumo. 
  • Ao parecer os científicos (que non os mariñeiros) opinan que a maioría dos bancos de peixe están en perigo. Logo, a nova PPC quere acadar o Rendimento Máximo Sostibel (RMS). Esto significa reducir as cuotas para axustar a mortalidade por pesca á situación dos bancos de peixe. Queren facelo a mais tardar dentro de 2 anos, salvo naqueles casos que sexan moi gravoso para o emprego. Neste caso se permitiría acadar o RMS non máis alá do 2020. Como Galiza “non somos altamente dependente da pesca”  xa veremos cando chegue o 2015 que fan con nós.
  • A banda de perturbados encabezados pola Damanaki, dictarán as directrices para que os Estados Membros, entre eles Espanha, axusten ao comenzar cada ano as cuotas de que dispoñen aos barcos que levan o seu pabellón. Como Cañete  leva anos facendo carreira política en Bruselas, seguro que as seguirá de pés a puntillas, enviando se fai falla á Armada Española para facer cumprir ao barcos os peches de cuotas en tempo real coma acontece arestora coa  xarda.

!Lembremos que por 1 kg de peixe de piscifactoría fan falla outros 5 kg de peixe para alimentalo con pienso. Despois pasará o que pasou nas vacas. Seguro que xa teñen patentada a vacina para os nenos que sufren o mal dos salmóns tolos!.

  • A nova PPC tamén ten claro que se ten que abastecer o mercado da Unión Europea e frear o volumen de importacións de peixe. Xa que se reducirán as cuotas pola prohibción dos descartes e co RMS, é evidente o novo negocio: a acuicultura.  No texto introductorio desta PPC reza: “la acuicultura debe contribuir a preservar el potencial de producción de alimentos a fin de garantizar a los ciudanos de la Unión la seguridad alimentaria a largo plazo”. Lembremos que por 1 kg de peixe de piscifactoría fan falla outros 5 kg de peixe para alimentalo con pienso. Despois pasará o que pasou nas vacas. Seguro que xa teñen patentada a vacina para os nenos que sufren o mal dos salmóns tolos.

Por suposto a nova PPC tamén está moi preoupado polas condicións socioeconómicas. Por eso consagra o Principio de Estabilidade Relativa, pola cal o reparto das cuotas pesqueras terá en conta as especiais necesidades das rexións que dependen en gran medida da pesca. Esto será estupendo para Galiza, máis hai un pero: debe manterse o criterio tal como se estableceu no ano 1976!. É decir, despois de 30 anos seguimos sendo cidadáns europeos de segunda. 

Evidentemente non valen reproches. Como ven di a Comisaria Demoniakis: “España ha firmado esta PPC no Consello de Ministros da Pesca”. Qué recibirá España a cambio de usar a nosa pesca coma moeda de cambio? Dada a corrupción que existe sería mellor preguntarnos: Qué recibe o borrachín de Cañete a cambio de cargarse o sector pesqueiro galego?

Comentarios