Opinión

Ano 2013, o peor ano da pesca galega

Sen dúbida que O 2013 foi un ano nefasto para a pesca galega. Nunca tanto dano se concentrou en tan pouco tempo. As decisións políticas demostran un ataque ao sector no seu conxunto.  

Sen dúbida que O 2013 foi un ano nefasto para a pesca galega. Nunca tanto dano se concentrou en tan pouco tempo. As decisións políticas demostran un ataque ao sector no seu conxunto.  

"A flota do cerco, do arrastre do litoral e artes menores coñeceron unha nova sanción por sobrepesca de XARDA durante a campaña do 2009, condenando ao sector até o 2023"

Non hai modalidade da pesca que se salve.

A BAIXURA. A flota do cerco, do arrastre do litoral e artes menores coñeceron unha nova sanción por sobrepesca de XARDA durante a campaña do 2009, condenando ao sector até o 2023. Sanción ésta que o Sr. Cañete se esmera que a flota cumpra íntegramente. Curiosamente somos o único Estado de Europa sancionados por sobrepesca, mentras que Islandia e Feroe disfrutan de “barra libre” dende o 2009.

MAURITANIA. A paralización forzosa de 24 barcos cefalopodeiros, pola cal a comarca enteira do Morrazo sufre arestora unha tráxica realidade.

FLOTA DO ESPADA. A decisión feita firme a partir de Xullo do 2013 de prohibir cercenar ALETAS de tiburón desplomou as expectativas da flota do espada, a maioría con base en A Garda. Ao igual que no caso de Mauritania, a estratexia para adoptar a decisión baseouse en informes científicos falsos e coa premeditada falta de reacción da “nosa Administración”. Non é casualidade qué en 6 meses 5 barcos desta modalidade afundiran no mar convertendose na única saída posible ao non poder acollerse ao plan de desguaces.

"A paralización forzosa de 24 barcos cefalopodeiros, pola cal a comarca enteira do Morrazo sufre arestora unha tráxica realidade".

GRAN SOL. O número de buques con pabellón extranxeiro segue medrando no Berbés de Vigo a costa dos galegos. Xa van en 13 os barcos que pasaron a pabellón británico, 10 a pabellón francés e 4 ao Irlandés. Pola contra ficaron en só en 9 os barcos galegos que manteñen a bandeira española. O motivo: o ilícito reparto de cuotas entre os Estados Membros da Unión Europea dende o ano 1983. Todos estes abanderamentos supoñen unha fuxida de capital, de recursos e de coñecementos dun dos nosos principias activos como povo. 

TERRANOVA. O Anuncio do Goberno do Canada de levar adiante actividades de extracción petrolífera en Terranova, coincidiu coa aprobación polo Departamento de Arias Cañete do novo “Plan de Control”, sometendo aos 11 buques que alí traballan, a un control descomunal e inhumano que inclue os “quiñóns” dos mariñeiros. 

"O mesmo Ministro Arias Cañete que se desvive polos barcos de La Línea. O mesmo que se preocupa pola flota do Golfo de Cádiz e por iso lle transfire cuotas da nosa xarda, cigala e xurel.

Como regalo de Nadal, o pasado día 31 de diciembre, á flota se lle comunicou a entrada en vigor da nova PPC (Política Pesqueira Comunitaria) por outros 10 anos. Novas  restriccións para a pesca: prohibición dos descartes e situar as Cuotas de Pesca no Rendimento Máximo Sostíbel a partir do 2015. Lástima que o Ministro se esqueceu plantexar co gallo da negociación da PPC o Principio de Estabilidade Relativa, principal problema da nosa flota. 

É curioso que esteamos a falar do mesmo Ministro Arias Cañete que se desvive polos barcos de La Línea. O mesmo Ministro que se preocupa pola flota do Golfo de Cádiz e por eso lle transfire cuotas da nosa xarda, cigala e xurel. Máis que unha política pesqueira, parece unha limpeza étnica o que estamos o vivir. 

Comentarios