Opinión

Xente

Que estamos diante dun cambio histórico é algo incuestionable. Que xa nada vai ser como era, non ten dúbida. Que hai arelas de cambio, innegable. A xente xa non é só que estea farta. É que ademais o que pide é "outra cousa". Xa non se trata de que esteamos ata ese sitio de Bárcenas, Floriano, Rajoy ou Rubalcaba. Do que se fala é de que o sistema non funciona e que, daquela, que cómpre mudalo. E non direi eu que non. De feito, xa escribín moitas veces que si. Que hai que cambiar de modelo. Que hai que pensar un novo. E que por iso é fundamental non correr e non ceder á tentación de plantarlle lume a este, como se nada pasase se o fixeramos porque, como xa dixen, fóra da democracia só hai fascismo. E haiche unha cantidade enorme de xente agardando para que iso suceda. Que todo se escaralle para, aproveitando o clima de violencia que algúns parece que están reclamando (fálase moito de "estoupido social", e ás veces penso que quen así fala está desexando que todo caia), instaurar un réxime de falla de liberdades. Ou sexa, o nazismo. Que pode darse tranquilamente en democracia. Guantánamo é, por exemplo, un caso claro de nazismo.

As persoas son peóns dun taboleiro e non pasa nada se hai baixas con tal de que o sistema trunfe. E quen sufre, sempre, é a xente. Persoas con nomes e apelidos e sentimentos e persoas que as aman, etc, que morren, precisa e ironicamente, en nome da liberdade ou a patria.

Debemos mudar o modelo e ir cara algo que supere o capitalismo. O que iso será eu non vos sei. Mais o que si que sei é que, vaiamos cara onde vaiamos, deberiamos entender que a xente debería de ser sempre o primeiro de todo. As revolucións que se teñen dado no pasado, en calquera sentido político, sempre puxeron por riba de todo, como guieiro e finalidade en si mesma, as ideas de partido, os sistemas, os obxectivos dos seus dirixentes...calquera cousa antes que a xente. E se hai algo lindo en todas as reivindicacións de movementos como o 15 M ou Democracia Real, ou os Movementos Contra os Desafiuzamentos, é que se fala da xente. Persoas con nomes e apelidos. Xente. O estratega militar, ou o estratega revolucionario, non pensa na xente. As persoas son peóns dun taboleiro e non pasa nada se hai baixas con tal de que o sistema trunfe. E quen sufre, sempre, é a xente. Persoas con nomes e apelidos e sentimentos e persoas que as aman, etc, que morren, precisa e ironicamente, en nome da liberdade ou a patria que, seica, os sacrifica polo seu ben.

Daquela, busquemos, si, un novo modelo que nos guste máis. Que nos saque de enriba aos Bárcenas pero tamén a alcaldes populistas, a presidentes que nos odian e a banqueiros que, coma samesugas, non nos ven coma xente. Un sistema no que os Dereitos Humanos sexan o guieiro. Porque non pode haber sistema económico nin organización política que estea por enriba dunha soa persoa. Xa o dixo Kant, que había que ver á xente coma un fin en si mesma. E que ningún ser humano podía ser tomado coma un medio para nada. Para absolutamente nada.

Comentarios