Opinión

E se UPyD goberna, tampouco pasa nada

Esta semana pasada vimos a Rosa Díez afirmar rotunda e con moita seriedade, durante a clausura do congreso do seu partido, que volveu escollela secretaria xeral, que a súa formación ten que ir mentalizándose para, así o dixo, "gobernar España", é dicir, para gobernarnos a todos e a todos, incluso aos que non nos sentimos parte de España. 

Esta semana pasada vimos a Rosa Díez afirmar rotunda e con moita seriedade, durante a clausura do congreso do seu partido, que volveu escollela secretaria xeral, que a súa formación ten que ir mentalizándose para, así o dixo, "gobernar España", é dicir, para gobernarnos a todos e a todos, incluso aos que non nos sentimos parte de España. Teño para min que así vai ser en breve, que gobernará e decidirá e pinchará e cortará, pois semella claro e inevitable que nas vindeiras xerais vai darse unha maioría simple do PP, ou do PSOE que, obrigados pola situación, verán de alicerzar a súa continuidade no goberno, ou acceder a el, cedendo o que lle teñan que ceder a UPyD a través dun pacto de goberno.

"Rosa Díez, medrada, aplaudida, chutada de optimismo por unhas enquisas que lle presentan un futuro máis que óptimo e impensable para ela hai uns anos, sabe que chega o seu momento"

E a diferenza doutras alianzas (estrañas) de goberno de partidos que apoian pero non collen responsabilidades directas, estes si que teñen intención de facelo, ganas de facelo e, xa que estamos, toda a lexitimidade do mundo para facelo e gobernarnos na medida que poidan (e o único que me parece que podería evitar iso sería un medre espectacular, pero realmente grande, de Izquierda Unida)
Rosa Díez, medrada, aplaudida, chutada de optimismo por unhas enquisas que lle presentan un futuro máis que óptimo e impensable para ela hai uns anos, sabe que chega o seu momento, mais iso significa que chegan malos momentos para os que nos movemos, digamos, noutras ondas de pensamento e de sentimento nacional.

Pero este artigo di no seu título que cando eles gobernen, que en realidade, que non vai pasar nada. E semella contraditorio co antes expresado, pero é que falo en termos globais. Quero dicir que a experiencia demostra que xa no pasado, gobernando o PP, ou o PSOE, á xente se lle recurtou, decepcionou, enganou, manipulou e humillou e, sen embargo, vaiselles dando alternativamente o poder como se a xente andase desmemoriada. Porque pasa de todo e non lles preocupa. O que a maioría da xente ten na cabeza son outras historias máis relacionadas con asuntos máis do día a día e que acceda ao poder unha formación que ten demostrado actitudes excluíntes cos diferentes en termos políticos, unha certa perigosidade tratando segundo que asuntos (lembremos Toni Cantó e o feminismo ou a violencia de xénero e todas as súas frivolidades), no fondo, que eles poidan acceder ao poder, directa ou indirectamente, no fondo, digo, non lles preocupa. Nin que o PP se radicalice máis á dereita por este motivo. Nin que o PSOE renuncie ao pouco que lle queda aínda, se é que lle queda algo, de obreiro e de socialista, por asinar un pacto de goberno con Rosa Díez.

Así que si, nada vai cambiar.

Aínda que todo vaia cambiar un mundo.

Comentarios