Opinión

A nova lei do aborto devólvenos ao século V

Dende que o goberno anunciou a reforma da lei do aborto, están aparecendo voces que sinalan que a nova normativa nos retrotae á época do franquismo, ou sexa, aos tempos escuros...


Dende que o goberno anunciou a reforma da lei do aborto, están aparecendo voces que sinalan que a nova normativa nos retrotae á época do franquismo, ou sexa, aos tempos escuros e xa parecía que esquecidos e superados do peor do século XX, agora que xa estabamos no lúcido e liberado século XXI. Mais non é así. En realidade esta nova lei lévanos moito máis atrás, pero moito,  concretamente ao século V, aos tempos nos que o cristianismo, que ben sendo a gran inspiradora ideolóxica, o sostén valorativo no que se fundamenta esta lei do aborto, era o pensamento único, ese mesmo dogma que a liña dura do PP, o que poderiamos chamar "liña gallardona", pretende agora impoñer ao resto da sociedade. Esta reforma involutiva do aborto lévanos aos tempos de Agostiño de Hipona, que dixo no século V, en pleno escurantismo fanático relixioso, que a muller era un "receptáculo fertil". Para ese "santo" e pai da Igrexa, a muller era, así o dixo, un útero. E máis nada. Un lugar. Un oco onde o home (o importante no proceso da fecundación) puña a súa semente, e lede ben, a SÚA semente para que aniñara no ventre da muller. Ela era iso para o santo. E se cadra, non hai moitos motivos para criticalo porque era un fillo do século V. Mais estes que nos devolven ao pasado son fillos doutra cousa.

Esta reforma involutiva do aborto lévanos aos tempos de Agostiño de Hipona, que dixo no século V, en pleno escurantismo fanático relixioso, que a muller era un "receptáculo fertil"

Estamos no século XXI. A relixión xa non debería pintar nada na vida política. Debería estar relegada á intimidade intimísima do fogar e o comportamento individual dos crentes. E nunca, xamais, debería de formar parte da normativa que nos guía como persoas adultas e libres e que, precisamente por iso, deben organizarse seguindo a lóxica laica, a ciencia e a cultura. Nunca por unha relixión integrista e medieval que coida, como se pensaba no século V que as mulleres, como só son recipiente, non teñen dereito a decidir sobre a súa propia vida.

Comentarios