Opinión

As nosas posibilidades?

Entre os moitos insultos que a meirande parte da poboación estamos a soportar dende que empezou este expolio roubo abuso colectivo globalizado planetario cósmico, baixo da desculpa da crise, está iso que nos repiten unha vez e dúas e tres, de que antes viviamos por enriba das nosas posibilidades, que antes o noso consumo era excesivo, que antes, claro, diso se trata, fundamentalmente é o que interesa aquí que nos metamos ben na cachola, que antes cobrabamos por enriba do que era lóxico cobrar. Esas cousas e outras igual de absurdas son as que aturamos día si e día tamén dende as páxinas dos xornais, as televisións e as radios.

Entre os moitos insultos que a meirande parte da poboación estamos a soportar dende que empezou este expolio roubo abuso colectivo globalizado planetario cósmico, baixo da desculpa da crise, está iso que nos repiten unha vez e dúas e tres, de que antes viviamos por enriba das nosas posibilidades, que antes o noso consumo era excesivo, que antes, claro, diso se trata, fundamentalmente é o que interesa aquí que nos metamos ben na cachola, que antes cobrabamos por enriba do que era lóxico cobrar. Esas cousas e outras igual de absurdas son as que aturamos día si e día tamén dende as páxinas dos xornais, as televisións e as radios.

"Dende que a crise empezou, algo foi mudando no xeito de se explicitar esta nova linguaxe indicativa da existencia de clases sociais". 

Dende que a crise empezou, algo foi mudando no xeito de se explicitar esta nova linguaxe indicativa da existencia de clases sociais. Agora o que nos din é que os soldos vanse moderando, que o noso consumo vaise moderando, que as nosas vacacións vanse moderando...agora, todo está moderado, é dicir, agora que vivimos peor, que ganamos menos, que perdemos dereitos, que saímos menos, agora, agora estamos nunha actitude moderada porque antes, claro, antes, xa se sabe, os malditos proletarios viviamos por enriba das nosas posibilidades.

Se adopto este ton irreverente e evidentemente farto, é porque ese tipo de cousas están a dicilas non os pobres proletariados currantes humildes infrasalariados que por fin abriron os ollos e se decataron de que viviamos por riba das nosas posibilidades, dun xeito moi pouco moderado, dunha maneira excesiva e impropia. Non son eles, non, os que así están falando. É a patronal quen abre a boca para dicir iso. Son os neocóns incendiarios do PP os que non a teñen pechada e largan ese tipo de frases alucinantes e ferintes. Son os dirixentes económicos mundiais que, coa idea de salvar xa non o sistema económico senón, sobre todo, a marxe de contribución (xeito fino de dicir ganancias, que se note que fun a Santiago a estudar) das grandes corporacións transnacionais que teñen como obxectivo fundamental non facerlle a vida mellor á xente senón que os que están no cumio poidan seguir xogando ao golf (o resto viviamos por enriba das nosas posibilidades), aloxarse en exclusivísmos hoteis cheos de escravos (o resto viviamos por riba das nosas posibildades), facer medrar aínda máis as diferenzas entre eles e nós (o resto viviamos por enriba das nosas posibilidades), entrar en lugares, vivir en sitios, posuir cousas...que o resto non podemos nin soñar porque, mirade que cousa, incluso ese sería un soño por enriba das nosas posibilidades, son eles, dicía, que se me vai a pinza clasista, eles son os que falan de que nós, os que non xogamos ao golf, os que non imos en avión privado, os que non somos exclusivos senón do máis normaliño, que viviamos por enriba das nosas posibilidades.

"E agora, está claro, por fin estamos no noso sitio. Onde debemos estar. Abaixo. Pero sosténdoos a eles, que teñen, é evidente, outras posibilidades".

E agora, está claro, por fin estamos no noso sitio. Onde debemos estar. Abaixo. Pero sosténdoos a eles, que teñen, é evidente, outras posibilidades.

Cando pasen moitos anos, quizais décadas, e o mundo xa sexa definitivamente outro (porque vai ser outro, digan os rajois o que digan: desta crise non se sae, vaise cara outro mundo moito peor), alguén acometerá o estudo da utilización da linguaxe durante estes anos escruros. Sabendo como sabemos que as palabras son as que constitúen e dán sentido ao mundo, algún día algún teórico da semiótica analizará todas esas expresións que nos repiten coma fogo de morteiro caéndonos enriba da cabeza para concluir que nunca na historia moderna a clase traballadora (que vos poñades como vos poñades, si que existe) foi, tamén lingüisticamente, máis maltratada.

Comentarios