Opinión

A educación é a única garantía de igualdade e democracia

No século XVIII comezou a aniñar na conciencia cidadá a idea de que a educación debería de ser algo ao acceso de todo o mundo sen ningunha clase de limitacións. 

No século XVIII comezou a aniñar na conciencia cidadá a idea de que a educación debería de ser algo ao acceso de todo o mundo sen ningunha clase de limitacións. A idea é, dende a súa orixe, absolutamente política e abeirada á construcción dun sistema democrático libre afastado dos rexímenes totalitarios e, xa que logo, centrado na idea de que o ser humano é autónomo (maior de idade, dirá Kant) e dono do seu destino. Por iso (e para iso) nacerán A Enciclopedia e outras tímidas aínda que decididas propostas para achegar os coñecementos ao común da cidadanía, ata aquel momento en poder exclusivo da igrexa. Así pois e dende hai máis de trescentos anos, a educación, universal, gratuita, laica elévase na conciencia común como garantía de calidade democrática. Ou o que é o mesmo, de calidade social porque, (digan o que digan os nostálxicos) nunha dictadura vívese peor...aínda que a algúns vaia mellor. 

"Imos cara unha sociedade máis desigual, máis inxusta e, probablemente, peor organizada. Máis escrava. Máis manipulable. Peor. Maleducada".

A lei educativa de wertgüenza que o opusino goberno de Madrid impón como modelo, o encarecemento das taxas universitarias, a redución das becas, o endurecemento das condicións para acceder ás axudas, o recorte en profesores no ensino público, a baixada de orzamentos para a escola de todos...todas esas eivas que atacan no medio da médula espiñal ao sistema educativo, avanzan na realidade, cruel, da diferencia, a desigualdade e a inxustiza, separando, na práctica, aos cidadáns en dous grupos (os que poden acceder á totalidade do sistema e os que non) e, polo tanto, é un ataque visceral á saúde da democracia e da xustiza social inherente á esa igualdade de todas e de todos que, dende agora, vai ser unha mera declaración de intencións.Resumindo: que imos cara unha sociedade máis desigual, máis inxusta e, probablemente, peor organizada. Máis escrava. Máis manipulable. Peor. Maleducada.

E pagarémolo todas e todos.

Comentarios