venres 17.01.2020

Agora que o Dépor ascendeu

Agora que o Dépor ascendeu cun adestrador que fala galego (aínda que algúns xornais -de Galicia- insistan  sistematicamente en traducir as súas declaracións ao castelán) e agora que queda claro que a lingua non é un impedimento para triunfar e agora que queda claro que falando galego pode ilusionarse unha cidade, un país, milleiros de corazóns, etc. igual estaba ben que o Deportivo de LA Coruña (así figura no seu escudo e páxina web oficial) se decidise dunha vez a mudar o castrapo do nome que teñen polo que debe ser, A Coruña.

"Estou seguro de que se o Dépor saca ese L do nome oficial do equipo e da web e das notas de prensa, etc. nin un só socio vai darse de baixa". 

Un dos tópicos asociados ao fútbol (dabondo discutible, pero hoxe non toca) é que non representan os intereses dos seus propietarios senón os dos "territorios" aos que pertencen. Así, o Dépor representaría a toda A Coruña, o Celta a Vigo, e así con todos os demais equipos e cidades. Con independencia destas cousas (que xustifica a utilización con naturalidade da primeira persoa do plural para todo: gañamos, fichamos, somos campións.... como se todos xogásemos) o certo é que, se tal suposto damos por verdadeiro, que as Sociedades Anónimas Deportivas que son dos seus accionistas e Consellos de Administración, en realidade, que son de todos e que nos representan e que, dalgunha maneira somos a cidade, o país e aí la lelo e ai la la lo, daquela, o mínimo que hai que lles pedir é que escriban ben o nome desa cidade que, cando hai un éxito se bota á rúa para celebralo ou, cando os fracasos, se deprime e chora.
Estou seguro de que se o Dépor saca ese L do nome oficial do equipo e da web e das notas de prensa, etc. nin un só socio vai darse de baixa. 

De feito, creo que ningún tal fixo porque o adestrador falase todo o ano na lingua propia do país. Tamén, por certo, da cidade da Coruña. Da Coruña sen L.

Agora que o Dépor ascendeu