Opinión

Os mareantes

No seu periplo, que denomina a “Ruta del cambio”, Pablo Iglesias pronunciou un discurso-mitin en Cataluña no que, entre outras cousas, viña a dicir que non cre nos dereitos dos territorios, que cre nos dereitos dos individuos, para continuar con algo así como que as únicas diferenzas son as diferenzas de clases e ele veu para loitar polas clases populares.


No seu periplo, que denomina a “Ruta del cambio”, Pablo Iglesias pronunciou un discurso-mitin en Cataluña no que, entre outras cousas, viña a dicir que non cre nos dereitos dos territorios, que cre nos dereitos dos individuos, para continuar con algo así como que as únicas diferenzas son as diferenzas de clases e ele veu para loitar polas clases populares.

Evidentemente este é un discurso claramente antinacionalista que  repite os tópicos de Rosa Díez, Albert Rivera e demais camarilla españolista.

"Os nacionalistas españois como Pablo Iglesias, á falta de argumentos en contra dos nacionalismos periféricos, botan man da demagoxia e o populismo, aproximándose, nas formas, á suposta casta que eles din combater".

Nada novidoso, excepto a introdución no seu show  da comedia musical e resucitar o fracasado principio marxista da loita de clases.

Cando declara que ven a defender os intereses das clases populares, sendo este termo moi subxectivo,  un tense que preguntar ¿Qué entende por clases populares? Para saber que cidadáns quedarían desamparados en caso de ser Presidente do goberno.

Como quedou demostrado polo fracaso dos réximes comunistas, a defensa dos distintos intereses, sen alterar convivencia pacífica, conséguese a partir do consenso democrático e non do enfrontamento, e menos de clases.

O galeguismo tén demostrado sensibilidade social por que leva décadas pelexando polos dereitos de todos,por combater as desigualdades e que isto redunde nunha maior harmonía social e , a maiores, pola defensa do patrimonio cultural galego e do autogoberno, cuestións estas últimas  que o “podemismo” considera prescindibles ou contranatura.

Por outro lado, os nacionalistas españois como Pablo Iglesias, á falta de argumentos en contra dos nacionalismos periféricos, botan man da demagoxia e o populismo, aproximándose, nas formas, á suposta casta que eles din combater.

Non me pode contar que ele non cre nas bandeiras nin en dereitos territoriais cando se presentou e foi elixido representante dun parlamento con 28 bandeiras, e outros tantos territorios, para defender os intereses dun territorio concreto. Se fora coherente coas as súas palabras, debería abandonar o escano co resto de compañeiros de partido.

Algún asistente ao mitin saia dicindo que se divertira moito. Un encantador de serpes, un surfista na crista da ola, que aproveita o descalabro dos grandes partidos e unha notable asesoría de imaxe, para amosar músculo e ir botando rede para engaiolar.

"O galeguismo unicamente tén que presentar unha oferta política seria, coherente, adecuada aos novos tempos e acreditada".

Din os expertos que a troita pica mellor cando hai tormenta e, co cibo adecuado, algo sempre pica.

Os mareantes galegos do “si se puede” parece que lle andan a facer as beiras á miñoca podemista.

O que mais me sorprende son aqueles que ate hai catro días eran un referente ou fervorosos seguidores do nacionalismo galego e agora teñen dúbidas ou apostan por  mares españois.

Teñen moito que explicar de esa bipolaridade aos seus votantes. Ou ben eran unha engañifa antes ou ben é unha engañifa o de agora. Tamén teñen que explicar por que abandonan a posibilidade de un proxecto de obediencia galega para pórse ás ordes de Moisés Iglesias. ¿Por qué renunciar á defensa do autogoberno?¿Non nos dirán que os galegos son incompetentes para gobernarse?.

Por que calquera defensa de rexeneración política ou de dereitos sociais pode facelo tamén o nacionalismo galego.

Entón ¿Onde están as vantaxes de facer a traizón bíblica do prato de lentellas?.

Sinceiramente creo que teñen bastante de vendedores de política que sucumbiron a lei de mercado e, ante o temor a perder clientela, queren experimentar con outro produto aparentemente mais exitoso.

Primeiramente, abandonar un credo debe facerse por convicción e non por oportunismo e esa caída tan repentina do cabalo tén mais pinta de oportunismo que de convicción. 

Incluso están enganados en que para manter a supervivencia haxa que renegar do credo galeguista. O votante galeguista segue aí na cantidade suficiente para converter o galeguismo nunha forza hexemónica.

O galeguismo unicamente tén que presentar unha oferta política seria, coherente, adecuada aos novos tempos e acreditada. Non son os votantes os que fallan, son os seus representantes políticos. Non lle falles ao votante que ele non che fallará.

Comentarios