Opinión

Hai outras dereitas

Tanto PP como PSOE, para asentar o bipartidismo, mantiveron un discurso baseado no antagonismo irreconciliable de dous bandos que revivía o modelo da historia oficial do franquismo sobre o guerracivilismo.

Tanto PP como PSOE, para asentar o bipartidismo, mantiveron un discurso baseado no antagonismo irreconciliable de dous bandos que revivía o modelo da historia oficial do franquismo sobre o guerracivilismo.

Basicamente sustentábase nunha simplificación reducionista das ideoloxías en esquerda e dereita, sen ningún tipo de matices nin outras alternativas.

"O PP, por ese afán de presentarse como único representante da dereita,  acabou desprestixiando a toda a dereita, a tal punto que eles mesmos avergoñábanse de usar ese termo en público e postulábanse como de centro".

Isto machaconamente amplificado polos medios de desinformación, afectos ao réxime do 78, acabou penetrando no subconsciente colectivo tal que provocou que unha ampla maioría acabara decantándose por unha das dúas opcións, de maneira continuada.

Non obstante o sistema fixo crak, apareceu unha crise económica que, sumado aos continuados descubrimentos de casos de corrupción, de portas xiratorias,  que ambos viñan aplicando o mesmo modelo económico nas súas alternancias no goberno durante trinta e cinco anos, que ambos eran partidarios dunha democracia tutelada, veu a abrir os ollos e demostrar que no fondo tiñan mais en común que diferenzas e que a etiqueta de esquerda dos socialistas era mais ben un postureo revestido de marketing e a ideoloxía dos populares era de unha dereita de convenencia próxima ao tea party.

Isto trouxo como consecuencia que o votante comezase a fixarse mais na letra pequena dos discurso e ofertas programáticas, a non dar crédito ao bipartidismo, o que favoreceu a aparición dunha maior pluralidade política, de partidos e agrupacións cívicas emerxentes, que introducen novos matices e alternativas na política.

Isto lévame a expor  que do mesmo xeito que non tódalas esquerdas son iguais, tampouco a dereita é uniforme e existen matices diferenciais importantes.

"O modelo PP representa: Á dereita mais rancia, españolista, hipercentralista, de pensamento uniforme, de marcha granadera e cara al sol"

Lamentablemente o PP, por ese afán de presentarse como único representante da dereita,  acabou desprestixiando a toda a dereita, a tal punto que eles mesmos avergoñábanse de usar ese termo en público e postulábanse como de centro.

O PP ate agora ocultou a súa verdadeira faciana grazas a unha especie de bula mediática,  pero chegou a hora de poñer a cada un no lugar que lle corresponde.

Obviamente existen outros modelos de dereita e de ser de dereitas sen que nos teñamos que sentir avergoñados.

O modelo PP representa:

Á dereita mais rancia, españolista, hipercentralista, de pensamento uniforme, de marcha granadera e cara al sol.

Á dereita clientelar, corrupta e nepotista.

Ao empresariado do IBEX35, do absoluto descontrol da liberdade de mercado, incluso no plano laboral.

Á dereita insolidaria, das miserias económicas e sociais.

Á dereita partidaria de que a iniciativa privada xestione todo, incluídos aqueles sectores que atenden asuntos relacionados cos dereitos básicos dos cidadáns, e que sen dubida deben ser de xestión pública.

Á dereita con sentido patrimonial das institucións e dos poderes públicos.

En definitiva á dereita conservadora, ultraliberal, con raíces no franquismo

"Que Coalición Galega está coa mediana e pequena empresa, autónomos, emprendedores e traballadores por que entendemos que son a principal forza motriz da economía e do progreso, por que as empresas, canto mais grandes, mais autosuficientes e menos protección precisan".

Pero existen outras dereitas.

Coalición Galega como formación que ideoloxicamente abarca desde o centro ao centro dereita reivindica que:

As reivindicacións de tipo social non teñen por que ser unha exclusiva da esquerda.

As estruturas político-administrativas son propiedade dos cidadáns e non dos poderes públicos.

A democracia é o sistema de convivencia menos malo, onde a política debe ser entendida como un acto de servizo ao cidadán e non para servirse do cidadán.

Que tódalas ditaduras son repudiables. Que os corenta anos de franquismo teñen a súa orixe nun golpe de estado militar antidemocrático que deu lugar a unha tiranía sanguinaria.

Non pode imperar a lei da selva, onde unicamente sobreviven os mais fortes e poderosos. Débense establecer uns dereitos básicos para tódolos cidadáns, que as institucións públicas han de estar obrigadas a protexer. Entendemos que eses dereitos básicos son: Traballo, vivenda, ensino, atención sanitaria e protección aos mais débiles e indefensos.

Defendemos un sistema económico de libre mercado pero con control lexislativo que impida que a lexítima ambición persoal sexa causa de vivir rodeados de miseria. Que nun mercado que se rexe polo principio de oferta e demanda, os mais débiles han de ter unha protección legal que impida situacións abusivas por parte dos mais poderosos.

Que Coalición Galega está coa mediana e pequena empresa, autónomos, emprendedores e traballadores por que entendemos que son a principal forza motriz da economía e do progreso, por que as empresas, canto mais grandes, mais autosuficientes e menos protección precisan.

O sostemento dos servizos, dos poderes públicos, han de ser sufragados pola recadación fiscal con unha distribución de cargas proporcional ao poder económico de cada un.

De entre os servizos básicos, Saúde, Ensino e Xustiza han de estar ao alcance de tódolos cidadáns e seren de titularidade pública.

Formar parte do Estado Español non tén por que implicar a renuncia a un modelo de estado federal, co as máximas cotas posibles de autogoberno, onde os cidadáns poidan decidir por si mesmos e non depender de decisións alleas.

Estes parécennos argumentos suficientes para que os cidadáns poidan votar a un partido de centro,centro-dereita sen necesidade de ter que tapar o nariz ou absterse.

Comentarios