Opinión

Gallego

O líder de Podemos en Uruguai, Jorge Castrillón, referiuse hai uns días nunha entrevista ao termo gallego, como paleto. Anteriormente a este episodio, o director de cine Pedro Almodóvar e a líderesa de UPYD, Rosa Díez, tiveran tamén desplantes ao noso pobo con declaracións desafortunadas.

O líder de Podemos en Uruguai, Jorge Castrillón, referiuse hai uns días nunha entrevista ao termo gallego, como paleto. Anteriormente a este episodio, o director de cine Pedro Almodóvar e a líderesa de UPYD, Rosa Díez, tiveran tamén desplantes ao noso pobo con declaracións desafortunadas.

"Son xa demasiadas ocasións nas que os galegos somos tratados como bobos, ou inferiores. Isto non é casualidade". 

Se ben nos primeiros casos citados, os responsables destas verbas presentaron desculpas con celeridade, no de Rosa Díez nin chegaron, nin se esperan, pois para a endeusada política de centro populista, desculparse atentaría contra o seu moi alimentado ego, e sería máis doado ver ao Racing Vilalbés en champions que a Rosa Díez recoñecendo un erro.

Voltando ó miolo do asunto, son xa demasiadas ocasións nas que os galegos somos tratados como bobos, ou inferiores. Isto non é casualidade. Xa moitos clásicos da literatura española teñen falado de nós en termos similares. Unha idea que nace coma sempre, dende a crenza do conquistador de que os conquistados, por distintos, son inferiores. Nas illas británicas sucede o mesmo cos escoceses, os ictos na antigüidade, e os irlandeses. En Francia cos corsos e mesmo en Alemaña cos bávaros.

Foi despois da doma e castración do noso pobo por parte dos reis católicos cando convertémonos nunha colonia, nun pobo conquistado mirado por enriba do ombreiro por aqueles que aspiran  á  homoxeneidade dun territorio ganado militarmente.

"É tamén responsabilidade nosa a de facernos valer, a de aplicar tolerancia cero con calquera desprezo ao noso pobo, sexa con ou sen intención". 

No noso caso, tras a integración do que no seu día foi o reino de Castela, deixando atrás un periplo riquísimo no social e cultural, cunha lírica á vangarda da literatura europea da época.

So quen se cre superior ,considera ao resto dos pobos, chámese Galiza, Euskadi ou Cataluña, dignos de desprezo polo feito de non compartiren os sinais de identidade da potencia centralizadora.

É tamén responsabilidade nosa a de facernos valer, a de aplicar tolerancia cero con calquera desprezo ao noso pobo, sexa con ou sen intención. É certo que a autoestima de Galiza está cada vez máis tocada, como amosa a saúde do noso idioma, o único do mundo do que o seu goberno lexisla no seu detrimento, mais insisto: tolerancia cero para o noso pobo. Xa está ben de desprezo. Non quero imaxinar se o termo “español” fose tamén sinónimo de prepotente, fantoche ou subdesenvolvido o que sucedería, asegúrolle que dándolle a volta á tortilla, se alguén ousase facelo non salvaría os mobles cunhas sinxelas desculpas, a que non? 

Pois iso.

Comentarios