Opinión

Sobre Galiza e América Latina

Numerosos cronistas e pensadores traballaron o tema da relación entre Galiza e América Latina. Pero fundamentalmente, ata onde o sei, foron achegándose ao tema máis ben como reconto histórico e cultural a partir, sobre todo, das marcas deixadas alá pola emigración galega, tanto en termos colectivos como individuais. E por suposto das correspondentes influencias de alá para acá, cando o regreso prodúcese. 

Basta ilustralo con media ducia de nomes: Castelao, Curros, Celso Emilio, Neira Vilas, Laxeiro, Luís Seoane. Como puidesen ser outros dunha interminable lista. E infinitamente moito máis grande se incluímos os centos de miles, ou millóns, que foron traballadores e traballadoras en ambos os mundos, cidadáns, por así dicilo, en Galiza e América. De modo que a re-lación é de sangue. De vida compartida. Que non é pouco dicir. 

Son lazos entrañables, sen dúbida, que permanecerán por xeracións enri-quecendo a alma colectiva a partir dun legado patrimonial que é de todas e todos. Galiza, en efecto, non se comprendería ben se non se considera-se ese vínculo substancial. Definidor.
Agora ben. Baseado na miña experiencia persoal, eu penso criticamente que faltou trasladar, con sentido práctico, construtivo, a conciencia dese vínculo á esfera política para actuar, sobre todo, no campo da xeopolítica. 

Ao meu xuízo, o campo de posibilidades que o manexo adecuado desa relación puidese ofrecer, non se entendeu ben, non se traballou como se debía, non se converteu nun instrumento enriquecedor de ambos os mun-dos (e cando falo de mundos falo das súas comunidades, das súas xen-tes), para ir construíndo nas dúas beiras un mundo mellor. 

O caso é que, xeopoliticamente falando, Galiza, que, a través da súa per-tenza ao Estado español, está na OTAN ou no Consello da Unión Euro-pea, que está no Parlamento Europeo con deputados propios, ten hoxe máis relación institucional, estrutural, por exemplo, con Estonia, con Polonia ou con Dinamarca, que con Arxentina, Uruguai ou Cuba. Está máis preto de Alemaña, desde o punto de vista das relacións prácticas de goberno, que de Venezuela, por exemplo. Ten iso sentido?

Argumentarase que seguramente, si, teno, en termos da construción do proxecto europeo para a súa participación en bloque na configuración dun mundo multipolar. Non me toca meterme nese terreo. Pero digo que, ao mesmo tempo, iso non debería negar a construción dunha mirada activa cara aos países cos que ten recoñecidos vínculos espirituais, de vida, de afinidade cultural, de fraternidade histórica. E esa mirada activa debería centrarse sobre todo, na vontade de favorecer as aspiracións comúns de ambos os pobos cara a “ese mundo mellor que é posible”.

Falo disto cun certo grao de desgusto convertido en esixencia. Porque advirto que nin desde a esfera institucional ou de Goberno nin desde a es-fera mediática-cultural se traballaron eses vínculos históricos coa serieda-de e o compromiso que merecen. Porque faltou comprensión e vontade desde as estruturas de poder. 

Dígoo así, desta maneira: se algunha comunidade europea debería en-tender á perfección o humano sentido dos procesos de emancipación de América Latina é xustamente Galiza. E debería entendelos para apoialos, para conectarse con eses procesos, para solidarizarse estruturalmente con eles. Para facelos seus dalgunha maneira. Non para deostalos, como adoita facer a mediática empresarial “de Galicia”, e non quero citar a ningún medio impreso, pero supoño que saben ao que me refiro.

E digo que as medidas coercitivas unilaterais que inclúen o bloqueo di-plomático, comercial e financeiro e a persecución mediática contra Vene-zuela, (como desde hai aínda máis tempo contra Cuba), deberían ser en Galiza motivo de reflexión colectiva e de indignación pública.
Salvan a cara da solidariedade algúns partidos e organizacións sociais, así como dignos escritores e artistas. Para eles o noso agradecemento constante. Pero o que debe ser promovido é que Galiza enteira, como na-ción histórica, con vínculos imperecedoiros con América Latina, saia toda ela a enfrontarse xeopoliticamente á inxustiza de orixe imperial.

Comentarios