Opinión

Declaración persoal fronte á intolerancia

Organízanse en grupos para rebentar os actos de solidariedade coa Venezuela Bolivariana. Actúan como bandas fascistas. Non soportan as verdades nin os argumentos.

O esquema repetírono aquí varias veces. Tres delas no último mes. Unha o 14 de marzo na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade  de Santiago de Compostela, como o apuntou a xornalista de Sermos Galiza presente no acto.

Agora os mesmos actores, identificados nas fotografías, repíteno o 23 de marzo en Vigo no acto MANS FÓRA DE VENEZUELA, unha conversación co empresario vasco venezolano Agustín Otxotorena.

E como no famoso conto do carteirista que, sorprendido, sae correndo e gritando “ao ladrón, ao ladrón”, aquí os agresores presumen de agredidos e sofren “crises de ansiedade”.

Dous días despois, ou 25, repiten a faena en Moaña, tentando de novo rebentar o acto de Otxotorena, tendo que ser desaloxados pola Garda Civil.

Son dereita extrema. E por tanto intolerantes e cargados de odio.

Veñen usar en Galicia os mesmos métodos “guarimberos” que afacían usar en Venezuela.

O feito de que unha parte importante dos medios escritos ofrézalles apoio e cobertura case incondicional, parece darlles una certa sensación de impunidade.

A gran pregunta é se a sociedade galega, de natureza democrática e aberta, está disposta a consentilo.

Pola miña banda son dos que pensan que, ao cabo, a verdade imponse. En todo caso a min non me van calar. É dicir, non me van a impedir que defenda en calquera escenario á miña Venezuela amada e marabillosa.

Comentarios