Opinión

8 de Marzo todos os días

Que ver os teus ollos, húmidos,

mirando á fronte...

Cara unha liña que non ten horizonte,

cara a liberdade que non ten fronteiras.

Temos que berrar xuntas.

Temos que facelo, guerreiras.

Que os ollos húmidos sexan por ilusión,

que os berros sexan clamando liberdade;

nunca causados por agresión.

Sempre dende o orgullo,

 dende a propia identidade.

Eu. Eu non son tolerante.

Para min o insulto, a falta, a manipulación...

Non é opción.

É motivo de cárcere.

Sexa o 8M

Sexa en calquera outra greve,

dame igual, dame o mesmo;

o meu obxectivo é loitar:

é característico do meu sexo.

Tingamos a vida de cor morado.

Falemos de sangue en mulleres

con naturalidade,

como é ter a regra.

Poder dicilo sen medo.

Sen medo, ir de concerto,

sen medo, levar o peito descoberto,

sen medo, falar de sexo.

Sen medo, a verba muller:

sempre, en cada momento

en cada berro, en cada verso.

Non me respetes porque podería ser túa nai.

Non me respetes porque podería ser túa filla.

Non me respetes polo que podería ser.

Eu son eu,

e non son de ninguén: máis ca miña.

Educación, información, respeto.

Tolerancia, reflexión e afecto.

Ingredentes dunha gran receita,

para nada difícil:

ben sinxela.

8 de Marzo,

todos os días

Eu vivo na igualdade.

Eu son feminista.

Comentarios