Opinión

O sistema é violencia

Segundo nos iamos aproximando ao 25 de novembro, Día Internacional Pola Eliminación da Violencia contra as mulleres, colócase no centro da axenda política a loita contra a violencia machista que eclosionou ao longo deste ano en todas as súas vertentes.

O movemento deste 8 de marzo foi arrasador, atacando directamente ao poder económico e político, e inspirando a moitas mulleres en todo o País a desligarse de moitas situacións de violencia que nos toca vivir, deron o paso desde atletas, estudantes, traballadoras… E isto foi porque se puxo o foco da orixe da violencia sobre o xénero (obviando ás veces a clase, que é o trasfondo real disto), o movemento feminista colocou no centro a realidade que moitas (e case todas) as mulleres ou persoas sexodiversas sufrimos, poñendo o foco na ameaza inminente da violencia nas nosas vidas.

Mais temos que ser conscientes de que a violencia machista prospera no sistema capitalista, dá igual que  sexa un Jácome, un Baltar ou un Feijoo, o sistema normalizou para moitas o enorme sentido de dereito (ir)racional e automático a abusar e asediar con impunidade de homes ricos, poderosos e da clase dominante. Son estes señores a personificación da violencia machista, de todas as violencias, da xudicial, da institucional, da física… Tampouco necesitamos personificar a violencia no sistema porque as súas cifras falan soas, unha de cada tres mulleres en todo o mundo xa sufriu violencia física ou sexual por un compañeiro ou ex – compañeiro.

A explosión da loita nas rúas en oposición ao acoso e á violencia machista en todas as súas formas é o antídoto máis poderoso contra a violencia, o abuso, o asedio e á vez, é a mostra da solidariedade de clase e da acción colectiva para mudar a sociedade.

A nosa resposta é a loita de masas. Outro grande piar do movemento feminista no último período é o da folga de mulleres, no que milleiros organizámonos polas demandas de igualdade salarial, teito de cristal, por un salario digno, e pola reversión das medidas de austeridade ás que nos condean o Estado Español e o goberno da Xunta.

As folgas de mulleres mostan como o movemento feminista adoita a arma máis poderosa do movemento obeiro, as folgas son unha ferramenta inevitablemente desconfortábel até para as máis radicais do movemento feminista pro-capitalismo, xa que o uso de métdos de loita de clase tenden a inspirar a toda a clase traballadora sobre o poder da acción de masas.

É importante entender que é correcto e necesario que o movemento contra a violencia machista enfronte as medidas de austeridade contra os servizos públicos, a precariedade salarial, loite pola vivenda, choque de fronte co sistema xudicial machista, racista e burgués.

Así, para que a loita sexa efectiva debemos rachar co feminismo “empoderador” da burguesía e das feministas liberais do sistema, precisamente porque os seus intereses de clase confrontan inevitablemente cos nosos, esenciais para as mulleres traballadoras do mundo.

Entretanto, de Feijoo a Santiago Abascal, o ascenso do populismo da dereita, tradicional e da extrema dereita, é a evidencia máis alarmante posíbel da ameaza que o sistema capitalista representa atentando non só contra os dereitos que aspiramos a conquistar, senón tamén contra os xa conquistados. A asmofera creada pola inestabilidade política, o “ascenso” e “vitoria” da “esquerda” española, intensificaron os descursos de violencia contra persoas migrantes, LGBT e mulleres, principalmente da clase traballadora.

É por isto que este 25 de novembro poñemos o foco en quen crea leis que atentan contra as mulleres, quen impón unha xustiza a favor dos agresores e contra as vítimas, tamén contra quen crea políticas de igualdade baseándose nun león e nunha cebra, quen elimina protocolos e concellarías, quen elimina recursos, quen dá as costas ás vítimas e quen aproba uns presupostos irrisorios para a violencia, cando mata mulleres a diario.

Ningunha vida máis debe ser perdida pola violencia machista, basta de danificar a saúde física e mental, loitamos polo fin da violencia, do asedio e do abuso en todas as súas formas, onde sexa, na casa, no lugar de traballo, na aula, nas institucións… Queremos acabar coa reproducción xurídica do machismo, discriminación e culpabilización da vítima. Toda parte do Estado e dos servizos de asistencia social que entren en contacto con vítimas e agresores deben ser educadas sobre a cuestión da violencia machista e adestrados para garantir que as vítimas sexan tratadas con respecto. Loitamos por un estado democraticamente gobernado pola clase traballadora, eliminando a parcialidade existente a favor das clases dominantes, ben como eliminando a presenza do sexismo, racismo e discriminación no Estado e nos sistema xudiciais.

Avanzar co movemento polo fin da violencia machista, que xa achegou a milleiros ás rúas por todo o mundo, en folgas masivas, é unha necesidade urxente, e para as feministas é inseparábel da construcción dun movemento de masas da clase traballadora e oprimida por unha mudanza do sistema.

Comentarios