Opinión

Sergio Peñamaría del Llano e "a banalidade do mal"

A pensadora alemá Hanna Arendt asistiu en 1961 ao xuizo contra Adolf Eichman , tenente coronel das SS nazis, e responsábel directo da deportación que rematou coa vida de máis de 6 millóns de xudeus. Arendt teorizou o polémico concepto da “banalidade do mal”, afirmando , eu simplifico ao máximo, que persoas capaces de acometer grandes crímes poden ser xente normal, actuantes burocráticos e voluntarios dunha maquinaria allea a eles mesmos. Eichman non se sentia culpabel, afirmaba que nada máis facía o seu “traballo como nazi”, non planificaba, non decidía, só cumpría ordes coa eficacia requerida. Un producto do sistema político que lle tocou vivir.

Foi Sergio Peñamaría del LLano realmente un simple peón na maquinaria represiva franquista, un “falanxista xoven e entusiasta”? , Descoñecia a transcendecia criminal do golpe militar franquista? Ou era actor principal e consciente da barbarie?. Vexamos a sua historia.

Peñamaria del Llano, un prometedor avogado coruñes, é un entusiata falanxista de primeira hora. Non dubida en presentarse voluntario como Alférez de Complemento o 20/07/1936, recén comezada a Guerra Civil. O 5/12/1936, en cinco meses, acada o grao de Alférez, adscrito eventualmente a 8º división orgánica. Incorpórase inmediatamente a Lexión, no “Corpo de Exercito Marroquí”, baixo o mando do Xeneral Yague ( militar africanista, falanxista de primeira hora, o “carniceiro de Badaxoz”, e acusado de crimes de guerra polas matanzas indiscriminadas durante a Guerra Civíl ). Combate Peñamaría , entre outros sitios, na fronte de Aragon, Terual, o Ebro, etc,. É ferido en varias ocasións, concedéndoselle a medalla de “sufrimientos por la patria”, e o ascenso a tenente o 28/07/1937 por méritos de guerra.

Despois de rematada a guerra, o tenente Peñamaría de Llano aperece no Barco de Valdeorras como tenente do I Tercio da III Bandeira de Lexion, cometendo os actos relatados no artigo de Sermos Galiza do 19/10/2019.

A carreira do Sr. Peñamaria non remata coa guerra e a inmediata pos guerra. Ingresa na carreira xurídico militar no ano 1941, sendo nomeado Capitán Auditor ao 29/01/1943, e fiscal da VIII Rexión Militar. Participa como fiscal acusador en númerosos Consellos de Guerra . No de Manolito Bello o 22/06/1946, outro o mes outubro do mesmo ano, ou contra membros do PCE, relatado por Luis Lamela en “Aspectos desconocidos de la guerrilla del llano” (anuario Brigantino 2003)

Según o historiador E. Grandío sobre os chamados “Juicios Militares”, “o que subxacía na formulación inicial non era a presunción de inocencia…o que había que demostrar era precisamente o contrario…a falta de culpabilidade”. Cuestión na que abonda o tamén historiador Luis Lamela, ”…en ningún momento disfrutaron de la imparcialidad e independencia del juzgador…la dirección de los juicios estaba tomada de antemano…con calificaciones genéricas do los fiscales…”. Logo, que tipo de xustiza se impartía?. Ningúnha, era só un pretesto para condear e fusilar inocentes polo feito de ser contrarios á Ditadura. Dunha forma moi clara deixouno dito Queipo de Llano. E Peñamaría como avogado sabíao ben.

A súa carreira política de fervente militante falanxista non remata aquí .Podemos velo o 28/07/1950 como secretario Local do Movemento nun acto de “afirmación nacional” fascista, con falanxistas da Guardia de Franco, que lle conceden unha medalla honorífica. Despois de concorrer na década de 1950 a númeroso actos coma activo falanxista, é nomeado alcalde por Franco o 04-05-59.

En pleno Plan de Estabilización económico, os tecnócratas do Reximen pretende dar un aire “moderno de apertura”. Mais Peñamaría sigue a ser un bo e agradecido falanxista, e xura “ servir fielmente a España, guardar lealtad al Jefe del Estado…”. Posterioremente Peñamaría participa 29/03/1959 nún acto da Hermandad de Alferes Provisionales, onde é nomeado vicepresidente;  27/05 do mesmo ano nún acto do Consejo Provincial del Movimiento, onde é nomeado conselleiro; 02/05 acto como vicepresidente da Hermandad Antiguos Legionarios, onde afirma a sua adhesión “al ejercito y al Caudillo”, acto de afirmación dos “Principios fundamentales del Movimiento”; unha cea homenaxe dos Alferes Provionales, da cal era vicepresidente, 28/05/59; unha cea coa “Vieja Guardia” ( a “esencia dura” do falanxismo) 1/7/1959. E por citar a derradeira: 23/03/1961 a “adhesión y lealtad al Caudillo”.

No medio podemos velo outorgando a “Medalla de Oro de la Ciudad” a un xeneral golpista, franquista e falanxista como Fermin Gutierrez Cobo. “ Mi general” dirá Peñamaría ante o coordinador e máis activo golpista dos militares na Coruña de 1936. Con Fermín Gutiérrez compartiu ordes baixo o mando do General Yague. Non podía ser menos o servilismo ante un compañeiro de partido, ideoloxia e brutalidade de guerra. E tamén a “Medalla de Plata” a Fariña Ferreño, xa tratado por Manolo Monge na Praza Pública do 05/11/2018.

Sergio Peñamaría de LLano “non pasaba por alí ”. Avogado brillante dende o ano 1934, con 20 anos, era un coñecedor da legalidade e da lexislación do Estado Republicano. A súa voluntaridade ao inscribirse como Alférez e seu destino na Lexión nunha das frontes máis duras da Guerra Civil, con mandos como Gutierrez Cobos ou Yague, a súa actuación represiva criminal na comarca do Barco de Valdeorras indican unha vontade ideolóxica e política consciente e consecuente.

A. Eichman sí era consciente e consecuente do seu papel, capaz de racionalizalo. Era un criminal sen ningún tipo de adxectivo. Só un criminal. Arentd fai unha acertada reflexión sobre a “banalidade del mal” e o rol dos individuos nos conflitos políticos e sociais. Mais o exemplo de Eichman non é o mais acertado.

Fronte outros actores que participaron na Guerra Civil española e na pos guerra, nas engranaxes do réxime franquista, Peñamaría de Llano era consciente do seu papel. Non era un trepador ou aproveitado que trataba posicionarse, ou que só trataba de facer ben o seu traballo. Era consciente do que facía na Guerra Civil, dos crimes na comarca de Valdeorras, da farsa dos Consellos de Guerra como Fiscal, ocupando cargos directivos na caterva de asociacións franquistas, onde moitos dos seus membros e mesmo el serían hoxe condenados por crimés de guerra. Coñecidos cargos e prebostes do franquismo que son presentados como honrados cidadáns, incluso como exemplo a seguir: hai moitos Peñamaría de LLano nas nosas cidades.

Dunha vez por todas convén sacalos ao xuizo dos cidadáns e da historia. Non podemos aceptar a utilización espúrea que se está a facer neste país das palabras de Hanna Arendt . Tal se está a facer nas ARMH., pois hai moito que escarvar na memoria histórica. O ascenso de Peñamaría no organigrama franquista fíxose cunha participación voluntaria, directa e activa: sabia o que estaba a facer. Todos eles sabíano.

O entusiasmo feixista falanxista duroulle todo a súa vida. Como colofón a esta historia onde se repasa a carreira do falanxista de Peñamaría de Llano, o 01/04/1975 participa nun acto de vellos falanxistas coa Hermandad Alférez Provisionales, Antiguos Combatientes de la División Azul, a Asociación Ex combatientes, e a Hermandad de Legionarios, da cal , outro cargo máis, Peñamaría de Llano era vicepresidente. O máis granado dos fascistas sobrevivintes a idade. Non convén esquecer os vellos compañeiros da Ditadura. O fascismo ata o final.

Comentarios