Opinión

Irene e Pablo poden. E a min que?

A historia podería comezar cunha imaxe onde Irene e Pablo míranse aos ollos e, ilusionados cunha nova decisión na súas vidas  –a adquisición conxunta dunha vivenda- exclamaron: Podemos!

O problema non radica no “se queren e poden, fan ben”. A cuestión é saber por que crea polémica a respetada decisión persoal. Creo que a resposta é ben sinxela; porque foi sementada por eles mesmos. En política non debera valer todo. Os ataques da “nova” política aos que teñen instaurado a “continuación borbónica”, como paréntese que non se quere pechar, do preconstitucionalismo -por dicilo de maneira frouxa-  acaban sin ser críbles aínda sendo certos, debido a que quen o realiza, comete o feito previamente criticado facendo ver á sociedade que se pode estar arriba e ser de abaixo, cuestión difícil de encaixar por quen non predica co exemplo.

A sociedade española, que non está moi ducha nesto da democracia, entende que os de arriba son os do poder político, económico, empresarial e de medios de comunicación, mentres que os de abaixo somos o resto. Os de arriba son os que poden adicar 1.700 euros ao mes á hipoteca dunha vivenda e os de abaixo son os que teñen 1.700 –con sorte- para todo, incluída a hipoteca.

Pablo e Irene xa eran dos que eles entenden “de arriba” por posición política, económica e alcance mediático. Agora veñen situarse a carón dos que criticaban e iso á sociedade chirríalle moito cando a razón non é resultado do éxito económico dunha empresa familiar, currada por anos, senón do rédito populista aproveitado de moita xente de ben, que de verdade creía que é posible cambialo todo sin variar nada, aproveitando o cambio para que todo siga parecido.

Pablo e Irene xa eran dos que eles entenden “de arriba” por posición política, económica e alcance mediático. Agora veñen situarse a carón dos que criticaban e iso á sociedade chirríalle moito

 

O que lles vén de volta é o cuspe que botaron ao ar, non o feito do “se quero e podo, fago”.

Unha mágoa que a esquerda -a borbónica e a nova- estea empeñada en meter goles en propia porta e sigan gañando os que dilapidan o país, os que rouban e os que minten, os que sempre estiveron e os que, vindo de novos, son heredeiros dos que nunca deixaron de estar e así segue o país, xirando por portas e ventás, polas dereitas, polas esquerdas, polos de arriba e polos de abaixo.

O problema non é a hipoteca nin o chalet, é a hipocrasía e a utilización perversa da confianza cidadá para interese propio.

Comentarios