Opinión

Xa está ben!!

Dende o ano 1983 lévanse producindo nos esteleiros da ría de Ferrol diferentes plans que, baixo o titulo de “reconversión”, o que fixeron foi mermar a súa capacidade produtiva coa conseguinte perda de postos de traballo . Isto levou Ferrol e súa comarca a unha situación que non ten parangón no estado español. A antiga Bazan chegou a ter un plantel de 6.363 traballad@s fixos e máis de 3.500 da industria auxiliar, mentres que Astano mantiña unha plantilla fixa de 5.789 no mesmo ano, e con case 5.000 traballad@s da industria auxiliar. Así a economía na comarca fluía de tal xeito que fixo posible o asentamento poboacinal chegando a cifras que superaron os 220.000 habitantes.

No ano 1985, o concello de Ferrol tiña unha poboación de 91.764 habitantes e o de Fene, 15.827. Trinta anos despois, Ferrol ten 69.259 habitantes , 22.505 menos e Fene, 13.085, 2.742 menos. Esta situación vén motivada polo desmantelamento do sector naval que pasou dun plantel de 12.152 traballadores/as fixos nos dous asteleiros e de máis de 8.500 na industria auxiliar no ano 1985 a 2.200 fixos e a pouco máis de 1.100 na industria auxiliar. Segunda a Consellaría de Industria, na comarca de Ferrol por cada emprego que se perde no sector naval pérdense dous e medio no sector servicios.

As contas son claras e se aos 17.352 perdidos no naval sumámoslle as contas da Consellaría (43.380) dános un total de 60.732 empregos destruídos nos últimos 30 anos nas comarcas de Ferrolterra. Pódese pensar que estas cifras son avultadas, pero son a crúa realidade, son datos sacados dos documentos oficiais do Ministerio de Industria e da Consellaría da Xunta da Galiza. Hai un estudo feito por ACLUNAGA no ano 2.016 que di que en tres anos (2012-2015) perdéronse na comarca de Ferrolterra 50 empregos á semana no sector naval, algo máis de 7.200. Este é o principal motivo da despoboación de Ferrolterra, unha comarca que pasou de máis de 220.000 habitantes no ano 1985 a as 187.580 no primeiro trimestre do ano 2.016 (32.420 habitantes menos).

Se aos 17.352 perdidos no naval sumámoslle as contas da Consellaría (43.380) dános un total de 60.732 empregos destruídos nos últimos 30 anos nas comarcas de Ferrolterra

Outro problema grave é o avellentamento da poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística, a comarca de Ferrol é a máis envellecida da Galiza, cunha das maiores taxas de mortalidade, a máis baixa en afiliacións a SS e é a que máis pensionistas ten. A media de edade no ano 2015 era de 49 anos, tres máis que a media galega e nove máis que a española. O 27% ten máis de 64 anos, e tan soio o 14% ten menos de 20. A construción naval é o principal motor económico da comarca de Ferrol, na medida en que os esteleiros da ría teñan carga de traballo, empezarase a parar a sangría de perda de poboacion e a mover a economía da nosa comarca paralizando así o peche do pouco tecido económico que aínda queda.

Foi o goberno español quen nos anos 80 empezou a desmantelar o sector naval. Foi o goberno español quen prometeu novos empregos (famosos plans de industrialización) en compensación aos perdidos nos asteleiros, foron as políticas ditadas dende Madrid polos distintos gobernos ao longo destes trinta anos, as que levaron a comarca de Ferrol a esta situación. Estamos ás portas da presentación dun novo plan de axuste. Este plan parece ser que contempla a modernización do esteleiro de Ferrol, iso que chaman Esteleiro 4.0, preténdese aglutinar nun espazo de terreo todos los elementos que teñan que ver coa fabricacion do barco, o deseño e construción dun dique seco cuberto con o fin de abaratar custes e ser competitivos, ademais de outras medidas, algunhas xa están en marcha , como a “reorganización” dos gremios….Pero como todo plan, até agora foi así, trae consigo un novo recorte de plantilla, Navantia ten contabilizado 1.800 excedentes e non fixa numero de incoporacions. En definitiva unha nova puñalada como as que levamos dende hai trinta anos.

Navantia ten contabilizado 1.800 excedentes e non fixa numero de incoporacions. En definitiva unha nova puñalada como as que levamos dende hai trinta anos

Trinta anos que deven valer para que a socidade da comarca reflexione e berre un “”XA ESTÁ BEN” e reclame políticas que endereiten a situación, políticas que doten de carga de traballo de construción naval tanto civil como militar os asteleiros da ría de Ferrol, que sirvan para manter a actual plantilla en Ferrol, que doten Navantia Fene do plantel suficiente para a construción civil, que a fábrica de turbinas incremente a súa capacidade produtiva, que se faga o investimento necesario no departamento de carenas para non perder mercado e poder aceder a outros sectores no mundo da reparación, que sirvan para que a industria auxiliar sexa complementaria, e non para abaratar custes. En definitiva, políticas que obriguen a empresa publica a desenrolar o papel que ten que cumprir na queles territorios nos que esta asentada. Que son, dinamizar a economía e fixar asentamento de poboacion.

Comentarios