Opinión

Estámonos a desangrar sen motivo?

Un home e unha muller non son iguais. Non o son. Pero esperen. Sigan lendo. Non é discriminación, é simplemente “obxectiva e milagrosa diferenza”.

É unha obviedade que unha muller non crece, estudia, se relaciona, traballa ou vive coma un home. E quen o contradiga está subido á dorna das utopías e a da falsa realidade. Somos iguais ante a lei e, por sorte, cada vez hai máis xurisprudencia que nos respalda, como reforzo para que, precisamente, esa lei sexa garante dos nosos dereitos e deberes. Nembargantes unha cuestión que afecta a toda a sociedade, sen diferencia de sexo, está poñendo de manifesto que unha vez máis a balanza cae a favor do home e esas características diferenciadoras entre eles e nós non se están a ter en conta. Coa pandemia do coronavirus a Historia sitúa, unha vez máis, á muller nun segundo plano, silenciando a súa realidade, agochando a súa diferenza e xeralizandoa nun ecosistema no que a horma é masculina. Hoxe falamos da ciencia, das vacinas. Si, esas que están a salvar a vida de tantas e tantos.

Dicir que a Mediciña ten un sesgo masculinizado non é un descobrimento. “Para a Mediciña, a muller é un corpo de home, pero con regra”, como dixo a endocrina catalana Carme Valls, unha das poucas científicas que fala desta ciencia con perspectiva de xénero . Moito se falou das consecuencias da vacina de Astra Zéneca. Ata tal punto que as doses foron desbotadas. Moito se falou, pero pouco se fala de que cada mes moitas mulleres, e digo moitas por non decir a maioría, están a desangrarse, retórcense de dor ou súan ao descubrir ese novo bulto no seu corpo. Segundo o último informe da Axencia Española de Medicamentos, un 77% dos case 33.000 efectos adversos tras os pinchazos son comunicados por mulleres. Segundo a revista Fertility and Sterility, máis dun tercio das 12.000 mulleres que rastrearon os seus períodos a través dunha aplicación de fertilidade rexistraron cambios nos seus ciclos menstruais, períodos retrasados ou anticipados nun 87%.

Conta a compañeira xoralista María Zuil que un día, a unha catedrática en Mediciña se lle ocorreu levar a analizar ao seu laborario un material biológico que os técnicos alí presentes nunca analizaran. Que incógnita. O que levaba nos tubos de ensaio para analizar a doctora Enriqueta Barranco era sangue, sangue menstrual cedida por varias mulleres de distintos sitios de España e que logo fora conxelada. Sangue mestrual. Oh, o nunca visto, nen ouvido. O fluido que máis nos diferenza dos homes e que, paradóxicamente, é o que menos tinta gasta nas teorías médicas occidentales.  Con este análisis cromatográfico esta xinecóloga demostrou que a muller a través da menstruación elimina contaminantes ambientales, parabenos e benzofenonas, habituais en cremas, xabróns ou tuppers, que poden ter un efecto nocivo para a nosa saúde. Pero o tema que hoxe nos ocupa non son disruptores endocrinos, o tema é que mentres os titulares dos efectos secundarios da Astra Zéneca gastaron tóners de impresora, os efectos secundarios que está a ter a vacina contra o Covid-19 na poboación que sangra unha vez ao mes apenas queda reducida a grupos de whatsapp e a conversacións entre amigas.

Os datos están ahí, pero tamén os testimonios. Centos  de mulleres atoparon que despois da primeira dose, e con máis incidencia tras poñer a segunda, tiñan regras máis abundantes, dores nos ovarios non habituais, hinchazón dos peitos, - tema que merecería un artigo aparte polos chascarrillos e memes que provocou- , cambios hormonais ou bultos nas mamas. Non hai explicación científica, aínda que nalgúns casos, o facultativo sinala que “esa insuficiencia respiratoria é provocada pola vacina” e que “a respecto dese texido inflamado na axila e eses bultos nas mamas, o seguinte paso é que a cirurxana fale co internista”. Ale para á súa casa. A Axencia Europea do Medicamento e a Axencia española recoñecen o fenómeno. Ambas están pedindo información ás farmacéuticas que, pola súa banda, non apuntan ningún trastorno menstrual no informe técnico das inyeccións.

Enriqueta Varranco e Carme Vals. Pouco se fala delas tamén. As dúas únicas persoas que investigaron sobre menstruación en España teñen arredor de 70 anos. E digo eu... ¿non vai sendo hora de acabar coa mal chamada maldición no Antigo Testamento, co tabú que facía perder as colleitas, que agríaba o viño ou que mentras estivera presente era mellor non lavarse o pelo porque coagulaba dentro? Vai sendo hora de que os ensaios clínicos conten coa variable de xénero. Quédame a esperanza. Haina. Dúas enfermeras de Granada, Laura Baena e Laura Cámara,  teñen en marcha o proxecto EVA, que ten como obxectivo desenmarañar toda esta realidade sobre os efectos da vacina nas mulleres e que estes agravios non quede en corrillos ou soterrados sen explicación. Ben valdría que os ríos de sangue se transformarán en ríos de tinta.

Comentarios