sábado 16/10/21

O procedemento de mediación (III). A persoa mediadora

Ao respecto da formación da persoa mediadora require duns coñecementos xurídicos que velen polo cumprimento dunha serie de prescricións legais, directamente relacionadas coas consecuencias xuridicas, derivadas do procedemento de mediación. Establécese, por exemplo, a obrigatoriedade de que as persoas xurídicas que se dediquen á mediación actúen a través dunha persoa natural que reúna os requisitos legais.

Se ben o mediador procurará o achegamento entre as partes, facilitando a comunicación entre ambas as dúas, ao acordo chegan os implicados por si mesmos; deste xeito responsabilízanse do seu acordo.

A persoa mediadora dende o principio de neutralidade proporcionará a información e o asesoramento suficientes, para que as partes cheguen a adquirir a capacidade precisa para interpretar xuridicamente, os asuntos obxecto de mediación.

"Se ben o mediador procurará o achegamento entre as partes, facilitando a comunicación entre ambas as dúas, ao acordo chegan os implicados por si mesmos; deste xeito responsabilízanse do seu acordo".

As técnicas que vai empregar o mediador, para que o acordo sexa posible, van dende aquelas que se utilizan para indagar no conflito e xerar ideas mediante as preguntas; ata aquelas que serven para a potenciación das partes, mediante a reformulación ou reencadramento, e dentro destas a lexitimación, o empowerment e as ancoraxes de recoñecementos; pasando por aquelas técnicas que axudan ás partes a buscar opcións e xerar confianza, das que destacariamos poñerse no lugar do outro e a tormenta de ideas.

A obriga de confidencialidade esténdese ao mediador, que quedará protexido polo segredo profesional, ás institucións de mediación e ás partes intervenientes; de modo que non poderán revelar información que puidesen obter derivada do procedemento. Ó ser a confidencialidade na mediación unha das pezas clave para o seu éxito, débese asegurar e garantir que as partes interveñan nesta nun clima de confianza mutua, de forma que lles permita expresar con total liberdade as súas posicións e intereses, o que á súa vez facilitará a busca de solucións e polo tanto a posibilidade de alcanzar un acordo.

comentarios