Opinión

O procedemento de mediación (II)

A Lei 5/12 de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís vén de incorporar ao ordenamento a Directiva 2008/52/CE, como vemos con catro anos de retraso pero esta é unha lei que ampara o procedemento de mediación, xa non é unha entelequia ou algo que xa estaba nos libros de texto. pero que non tiña norma de aplicación.

A Lei 5/12 de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís vén de incorporar ao ordenamento a Directiva 2008/52/CE, como vemos con catro anos de retraso pero esta é unha lei que ampara o procedemento de mediación, xa non é unha entelequia ou algo que xa estaba nos libros de texto. pero que non tiña norma de aplicación.

A Lei 5/12 regula o procedemento de mediación, que reserva o termo proceso para ó ámbito xurisdicional, neste ámbito será o secretario xudicial na vista ou o xuíz na audiencia previa o que derivará a mediación, por iso é convinte acudir á mediación denantes de acudir ao proceso.
A mediación para a resolución de conflitos privados serve ben para mellorar as relacións ou ben para alcanzar un acordo.

"A lei que ampara o procedemento de mediación, xa non é unha entelequia ou algo que xa estaba nos libros de texto. pero que non tiña norma de aplicación".

A «Pedra de Rosetta» da mediación son os efectos da mediación sobre os prazos isto é a solicitude suspende a prescrición ou a caducidade das accións, no prazo de quince días naturais dende a recepción polo mediador no seu correo electrónico ou depósito da solicitude nunha institución de mediación ou aceptación na mediación concursal, se non se firmara a acta da sesión constitutiva continuarase o cómputo dos prazos. A suspensión prolongarase ata a data da firma do acordo de mediación ou acta final.

Quedan incluído no ámbito desta Lei a mediación civil e a mediación mercantil, namentres que quedan excluídas a mediación penal que se desenrolará na LACRIM, a mediación coas Administracións Públicas na LAP-PAC, a mediación laboral na L36/11 Xurisdicción Social, e a mediación en materia de consumo pola RDLx 1/7 LXCU.

Namentres non haxa outras leis máis específicas que no seu ámbito regulen a mediación a L5/12 é a lei aplicable  á mediación en tódolos ámbitos:

“De tódolos xeitos as exclusión previstas na presente norma non son para limitar a mediación nos ámbitos a que se refiren senón para reservar a súa regulación ás normas sectoriais correspondentes” (Preámbulo)

Comentarios