Opinión

O procedemento da mediación (I)

A arbitraxe ou a vía xudicial sen a mediación vén sendo como a tartana pantasma de Dalí, a mediación é unha ferramenta restaurativa, rehabilitadora, transformativa ou reeducadora na resolución de conflitos.

A arbitraxe ou a vía xudicial sen a mediación vén sendo como a tartana pantasma de Dalí, a mediación é unha ferramenta restaurativa, rehabilitadora, transformativa ou reeducadora na resolución de conflitos.
É un sistema de resolución de controversias diferente á arbitraxe ou a vía xudicial que procuran unha medida retributiva, instáurase no ordenamento xurídico mediante a L5/2012 e o RD 980/2013, como método alternativo de resolución de conflitos, complementario da Administración de Xustiza cando se abre no medio do proceso. 

"Seis de cada dez enquisados prefiren resolver os seus conflitos por medio dun acordo, só dous de cada dez levarían o asunto aos Tribunais"

Na mediación dúas ou máis partes intentan alcanzar voluntariamente por si mesmas un acordo coa intervención do mediador, ben achegando posicións ou ben descubrindo cales son os verdadeiros intereses das partes que interveñen na mediación.

Segundo o Barómetro do CISS publicado en febreiro 2011 seis de cada dez enquisados prefiren resolver os seus conflitos por medio dun acordo, só dous de cada dez levarían o asunto aos Tribunais; así mesmo segundo o IV Barómetro do Consello Xeral da Avogacía publicado en setembro 2011 o 62% dos enquisados valora especialmente nos avogados a súa capacidade para alcanzar un acordo razoable.

"A primeira pregunta é: cál é a mellor opción se non chegades a un acordo? E a resposta case sempre é a de acceder a buscar unha solución entre ambas as dúas partes"

En canto as funcións e técnicas da persona mediadora atópanse as seguintes: crear confianza e ambiente positivo, facilitar a comunicación, xestionar emocións intensas, equilibrar o poder, asistir á negociación e á creación de acordo, ter a capacidade de superar situacións de bloqueo, organizar sesións privadas entre o mediador e cada unha das partes na procura dos datos encubertos.

A primeira pregunta que na súa profesión sempre plantexa o mediador é: cál é a mellor opción se non chegades a un acordo?      

E a resposta case sempre é a de acceder a buscar unha solución entre ambas as dúas partes, coa axuda das técnicas que emprega a persoa mediadora e que vos irei contando nas próximas entregas.

Comentarios