Opinión

Xácome non ten quen lle escriba

[Xoán Costa]

Durante todo o verán o PP, con Baltar á fronte, quitou e puxo alcaldes por todo Ourense. Agora que regresa o fútbol, recomezan as aulas e en Ourense xa non fica nada por arder, toca decidir sobre a capital sen que a decisión poña en perigo o control da Deputación. Xácome xogou as súas cartas, mais parece que non ten o control da partida.

E falando de cartas, o presidente da Xunta escrebe unha carta a alcaldes e alcaldesas das cidades galegas. A todas salvo Ourense. O que diga nesa carta pouco importa. Mais si importa o que non di na carta que non vai escreber. Porque a relación Xácome-Feixoo vén de lonxe, daquela reunión entre ambos en que Feixoo dixo; “a relación ten boa pinta” e Xácome confirmou “foi o político máis interesante co que me reunín”. Bonitas palabras que axiña levaron ao desencontro e a que Feixoo cualificase Xácome de “un rexedor letal para Ourense”

E nesas andamos, nunha relación que vai e vén, mais sen a carta. Porque Xácome xa non ten quen lle escriba.

Comentarios