Opinión

Vós

[María Obelleiro] 

Estes días chegan a Nós Diario, vía telemática, ducias de mensaxes de agradecemento e de ánimo polo feito de achegarmos a información neste contexto de confinamento obrigatorio. A nosa resposta é: grazas a vós. Grazas a vós por manter viva unha iniciativa necesaria para pór no foco os intereses galegos e para ollar o mundo desde aquí. Grazas a vós por acreditar nun outro xornalismo, socialmente responsábel e que evidencia cada día que fuximos do sensacionalismo e do alarmismo.

Informar en "tempo de coronavirus" non está a ser doado tanto pola sobreinformación e baile de cifras que hai como polo feito de traballarmos cada unha e cada un de nós desde un punto diferente da Galiza, coas dificultades de organización e coordinación que iso supón á hora de construír, cada día, un diario en papel e un diario dixital. Neste escenario de incerteza, onde a información se propaga tan rápido, facemos o posíbel por aplicar a rigorosidade. Máis que nunca, debemos actuar como servizo público

Comentarios