Opinión

Vítimas da Ditadura

[Xoán Costa]

Coñecemos estes días a carta dun irmán de Miguel Hernández que axiña copou titulares -máis pola figura da persoa encarcerada do que pola novidade dos métodos de represión- e que trae a nós a crueldade do franquismo.

Sermos Galiza leva publicados ducias de casos estarrecedores, acontecidos na Galiza a persoas que non tiveron o nivel de popularidade de Miguel Hernández: asasinatos, violacións, paseos, apropiacións de bens... todo un sistema represivo que durou 40 anos e afectou a persoas coñecidas e a outras que estaban fóra da primeira liña pública.

A Lei marca o 31 de outubro para a lembranza e homenaxe ás vítimas da Ditadura. A data vén dada por ser ese, en 1978, o día en que as Cortes aprobaron o texto da Constitución, unha Constitución derivada do propio rexime, con el pactada e que segue honrando máis os verdugos do que as vítimas.

Sirva de exemplo o nome de moitas rúas ou prazas en que podemos ver, debaixo ou ao lado da denominación actual mais igual de visíbel, o nome dun xeneral ou dun dirixente fascista.

Así non vale.

Comentarios