Opinión

Vida para os nosos apelidos

[Xoán Costa]

Após o Concilio de Trento (1545-1563), e a obriga de anotar bautismos, casamentos e mortes, principiou a alteración onomástica; a chegada do rexistro civil agravouna. Vímolo no coleccionábel que sobre os apelidos, vistos unicamente na relación que estes manteñen co territorio e os nomes que o denominan, publicamos durante setembro e outubro. Ficou aí ben patente que na actualidade son innumerábeis as persoas que se ben posúen nomes e apelidos galegos, non normalizaron a súa grafía, continuando a utilizalos tal e como lles foron transmitidos. Así mesmo, manteñen esas grafías en todos os documentos oficiais por máis que a Lei permite levar a cabo a modificación tanto do nome como dos apelidos, modificación que é moi sinxela, non ten consecuencias negativas a efectos legais e, sobre todo, permite exercer un dereito.

Fagamos uso dese dereito porque é a única maneira de sermos respectuosos con quen nolos legou e irreverentes con que os deturpou. Neste Día de Defuntos, revivamos os nosos apelidos.

Comentarios