Opinión

Verín

[María Obelleiro]

Aloita contra o desmantelamento da sanidade pública en 2020 ten nome propio: Verín. Celebramos a reapertura da sala de partos, aínda que só se lograse cubrir unha das dúas prazas de pediatría convocadas. Agora o Goberno galego debe resolver o conflito aberto en Corcubión e en Cee, onde o traslado da pediatra ao hospital de referencia da comarca de Monterrei deixa as crianzas sen profesional especialista.

Neste marco vai decorrer a manifestación en defensa da sanidade pública o próximo domingo. Prevese multitudinaria. E é que o Goberno de Feixoo, coa política de recortes aplicada baixo os eufemismos de colaboración público-privada, externalizacións, ou eficiencia na xestión, ten numerosas frontes abertas ao longo de toda Galiza, a comezar pola falta de profesionais, polo desvío de pacientes á sanidade privada, polas listaxes de agarda ou pola eliminación das áreas sanitarias que demostrou ser un erro, que provocou facer dos hospitais comarcais unha sorte de grandes ambulatorios. Está na nosa man, na da veciñanza, defender os nosos dereitos. A sanidade non é mercadoría.

Comentarios