Opinión

Verdades e mentiras

[Xoán Costa]

Dixémolo nas páxinas de Nós Diario e dixérono algúns outros medios. Agora tamén o din entidades como a Organización Mundial da Saúde ou a Cruz Vermella.

Din que a prestación de axuda humanitaria en Siria após o sismo de hai unhas semanas estivo guiada polas medidas e sancións que se están a aplicar contra ese territorio,  vixentes desde hai anos e constantemente prorrogadas, agora até o próximo día un de xuño. 

Din que mentres en Turquía se rescataban persoas coa normalidade que as circunstancias o permitían, Israel, aliado fiel, bombardeaba Siria provocando a morte de varias persoas, civís segundo uns; terroristas confesos segundo outros.

Din que malia as peticións de parte da comunidade internacional aos Estados Unidos e á UE para levantaren as restricións unilaterais contra Siria e facilitar así o envío de axuda humanitaria tras os devastadores terremotos de febreiro, esa petición non tivo resultados e as relacións entre a UE e Siria seguen a se rexeren por un acordo,  actualmente suspenso, de 1977.  

Din que en tempo de guerra voan mentiras por mar e por terra. Os terremotos destruíron por igual a un e a outro lado da fronteira mais os recursos utilizados e as axudas que se distribuíron foron, e seguen a ser, ben diferentes.  Só a verdade é filla do tempo.

Iso din.

Comentarios