Opinión

US Army, próxima parada

[Xoán Costa]

As intervencións militares americanas no resto do mundo comezaron no momento mesmo da independencia da metrópole e, na actualidade, segundo o informe RL30172 do servizo de investigación do Congreso dos Estados Unidos sobre relacións internacionais, son case sesenta as realizadas desde aquela data de 1776,  resultando como media unha intervención cada catro anos. México, Canadá, Arxentina, Chile, Xapón, China son só algúns dos territorios pisados ou bombardeados pola US Army. Por non falar de Vietnam. Nos derradeiros vinte anos o exército americano interveu en Afganistán, Filipinas, Iraq, Somalia, Libia, Iemen, Paquistán e Siria.

Nesta semana, coa retirada das forzas de ocupación de Afganistán, foron moitas as perguntas sobre as consecuencias que a chegada dos talibáns ao goberno pode ter para a poboación, especialmente para as mulleres. Mais ninguén se pergunta: onde e cando será a próxima ocupación americana? Porque en ningunha das sesenta ocupacións anteriores os resultados foron mellores.

Comentarios