Opinión

Unha de catorce

[Xoán Costa]

Non me refiro con este título a ese boleto no que podemos prognosticar os resultados de certas apostas deportivas. Refírome á fotografía inaugural do Foro A Toxa-Vínculo Atlántico: de ollada á fronte, catorce riseiros varóns, como se fosen os xogadores dunha equipa de fútbol máis o trío arbitral. Se seguimos a idea de considerar a foto como se dunha quiniela se tratar, seguro que acertamos plenamente cos discursos e coas conclusións de todas as palestras, conferencias ou mesas redondas que se poidan celebrar. Porque este Foro, por moito que se anuncie como IV edición, é un partido xa xogado, un partido repetido no que coñecemos os resultados. Comparemos quen estivo en cada unha das edicións, quen son os titulares do xogo e quen os suplentes. E reparemos nas directrices dadas a coñecer por quen fai as funcións de adestrador: reafirmar o imperialismo cara a América do Sul e incrementar a dependencia e submisión cara aos USA. E reafirmar a actitude colonial cara a Galiza non respectando a lei, polo menos a Lei de normalización lingüística.

Comentarios