Opinión

Unanimidade menos dous

[X. M. Piñeiro]
 
Poucas veces nos últimos tempos neste país houbo unha unanimidade tan grande como en torno a Alcoa: unanimidade na necesidade de manter os postos de traballo na Mariña, unanimidade en considerar a actitude da multinacional como inadmisíbel, e unanimidade, tamén, en que as administracións interpeladas (galega e española) debían intervir. 
 
A pesar desta unanimidade social a actitude da Xunta e do Estado non estivo á altura. Os actuais responsábeis do Goberno español pregaron velas a respecto das promesas que facían cando estaban na oposición. A Xunta de Feixoo non sorprendeu: botar a culpa ao Goberno estatal e negarse a exercer as súas competencias, nunha nova renuncia ao autogoberno. 
 
Nestes meses de conflito puxéronse sobre a mesa alternativas e propostas para a intervención pública en Alcoa, unha vía aplicada por estados como Portugal, Italia, Alemaña ou Francia en sectores que consideran estratéxicos, como pode ser o do aluminio para o Estado español. Unha vía cun moi amplo apoio social, unánime menos 2:  só se decolgaron dela Monte Pío e La Moncloa.

Comentarios