Opinión

Un paso

[Xesús M. Piñeiro]

Alcoa actuou como multinacional que é e deu o paso que moitos temían, na Mariña e en toda a Galiza: despedimento de 524 traballadores da factoría de aluminio primario e parada progresiva das cubas, unha medida que, como advertiron desde o comité en varias ocasións, supón sentenciar a fábrica.

Alcoa deu o paso e moitas miradas dirixíronse entón á Xunta e ao Goberno español agardando que eles desen tamén un paso. Mais non se pode agardar por ese paso de brazos cru-zados, sen máis. Non é un paso doado e vai ser un proceso complexo, certo, mais ficar sen facer nada, deixando a multinacional (da que a propia autoridade laboral certifica que actuou de “mala fe”) marchar sen máis, non debería ser unha opción.

Quen acaba de dar un paso adiante é o Congreso, instando o Goberno español a iniciativa do BNG a unha intervención da factoría de San Cibrao. Un paso froito da mobilización social, da loita dos traballadores e traballadoras da factoría, do compromiso dunha comarca enteira e de quen levou á Cámara española esa demanda social, o nacionalismo.

Comentarios