xoves 28/01/21

Un ano de vida

[María Obelleiro]

Tal día como hoxe, hai un ano, vía a luz Nós Diario. Non queremos deixar de agradecer o esforzo que fas cada día facéndoo posíbel. Se este papel que tocas e estas letras que les no diario dixital son realidade é por ti e polos milleiros de mans que decidiron apostar nun proxecto que demostrou que un xornalismo galego era posíbel e necesario. Despois de salvar as dificultades do primeiro ano en marcha -pedimos desculpas por todos os erros que puidemos ter cometido-, e dos efectos dunha pandemia que puxo patas arriba as rutinas xornalísticas, queremos superarnos. Precisamos da túa axuda para poder informar sen mordazas, porque o xornalismo independente, o xornalismo crítico, custa diñeiro. Se como sociedade non apostamos por proxectos propios, sen grandes grupos empresariais e de presión detrás, alguén estará a pagar por nós o medio de comunicación e o que recibiremos será información interesada. Seguimos avanzando en aras de fortalecer Nós Diario e dotalo dunha maior calidade. Queremos camiñar da túa man. Feliz ano!

comentarios