Opinión

Tudo é nada sem você

[Xoán Costa]

Sermos Galiza, o semanario, fai hoxe dez anos. Moitas son as páxinas escritas e máis son as que restan por escrebernos.

En dez anos adaptamos o deseño gráfico, houbo altas e baixas no cadro de persoal, no Consello de Administración... Accionistas ou asinantes que xa non están connosco, mais seguen a estar presentes cada día que o xornal sae á rúa pois a súa contribución fixo posíbel que hoxe poidamos celebrar os dez anos desta cabeceira. Como di o verso da canción de Gustavo Lima que dá título ao editorial,  "tudo é nada sem você".

Houbo mudanzas mais unha cousa non mudou: o noso compromiso a prol dun espazo de comunicación galego entendendo por tal aquel que pon o galego como única lingua de comunicación e Galiza como miradoiro desde o cal ollar o propio país e tamén o mundo. Compromiso, en galego e con Galiza, que nos permitirá seguir falando sen que ninguén nos indique como vai ser o final das historias que aínda faltan por escreber.

"Fala / Existem tantas páginas nessa história pra escrever / Não venha inventar um fim / Tudo é nada sem você".

Comentarios