Opinión

Transparencia e pragmatismo

[Xoán Costa]

O viroloxista alemán Christian Drosten, cientista de referencia e asesor do Goberno para os temas da Covid-19, adverte, nunha entrevista para a Cimeira Mundial da Saúde que decorre en Berlín entre o 25 e o 27 deste mes de setembro, que a verdadeira pandemia do novo coronavirus só agora está a comezar e que para unha loita eficaz contra ela é primordial informar ben e amplamente a poboación, tomando os gobernos decisións pragmáticas que alteren as cousas en vez de utilizaren a pandemia nas súas mensaxes políticas.

Neste mesmo sentido van as recomendacións de moitos analistas galegos -como pode comprobarse en reportaxe publicada por este medio no día de onte- que expuxeron a maneira de a Xunta facer públicos os datos, limitados a notas de prensa cunha serie de datos xerais que confunden máis que axudan.

Nun contexto como actual, cobra aínda maior importancia que a poboación estea ben e claramente informada. E que o Goberno actúe. Transparencia e pragmatismo, dous conceptos que, hai tempo, non fan o Camiño de Santiago.

Comentarios