Opinión

Torcer a privatización

[Xoán Costa] 

A privatización do público é unha constante do Partido popular e para o seu dirixente e presidente da Xunta, sr. Feixoo, é unha prioridade. Mais desfacerse de servizos públicos maioritariamente usados pola poboación e, ademais, ben valorados, precisa tempo e certas escusas, unha delas, a crise.

En base a iso Feixoo aplicou duras políticas de recortes acompañadas de mudanzas lexislativas e organizativas tendentes a desacreditar o sistema para así ter camiño aberto para desviar recursos a intereses privados, quer a través da externalización de servizos quer a través da derivación de doentes.

O sistema sanitario sofreu todo o rigor desas políticas co resultado de masificación de consultas, redución de profesionais, peche de axendas, ausencia de pediatras, PACs ao límite, hospitais comarcais desmantelados... O peche da sala de partos e das urxencias pediátricas do Hospital de Verín foi a ponta do iceberg; a súa reapertura a proba de que é posíbel torcer esas políticas. Este domingo podemos facelo.

Comentarios