Opinión

Todos os camiños levan a Feixoo

[Xesús M. Piñeiro]

A xuntanza do presidente galego co Papa Francisco é máis que unha cita que lle permitiu a Feixoo ‘escaquear’ da foto de Colón e poder así seguir a manter a imaxe de dereita moderada que tanto gostan de ver nel non poucos medios e creadores de opinión de Madrid que se reivindican progresistas.

A axenda do encontro de Feixoo e o Papa Francisco estará presidida, loxicamente, polo Xacobeo e o Ano Santo. Eventos aos que a actual Xunta fía case toda a súa política para saír da crise que veu da man da pandemia da Covid. 

Esta reunión, aliás, serve para lembrar que este ano aprobouse a Lei galega de acción exterior, que saíu adiante unicamente cos votos do PP, o que non deixa de ser preocupante para unha norma de tanta importancia para o presente e futuro do país. Galiza é o segundo territorio do Estado en contar cunha lei de acción exterior propia. Unha lei, porén, que a oposición criticou por “inmobilista” e “tutelada” desde Madrid.

Segundo o Igadi “fáltalle ambición, ilusión e crer máis nas nosas posibilidades".

Porque, por moi importante que sexa unha foto co Papa, política exterior é moito máis ca iso.

Comentarios