Opinión

The show must go on

[María Obelleiro]

Resulta de todo inxustificábel que un medio de comunicación público como a CRTVG salte de maneira sistemática a lei: introdución do español en contidos, representación desequilibrada dos partidos políticos ou desigualdade entre homes e mulleres, entre moitos outros. O do Land Rober é o último dos agravios. Falamos dun programa que, alén de facer uso dun galego deplorábel, xa ten acubillado comentarios machistas.

O ordenamento xurídico atribúe aos medios de comunicación o deber de contribuír a erradicar a violencia machista e a responsabilidade de concienciar a sociedade. Preguntámonos polo papel do Consello de Administración da CRTVG, aquel que aprobara unhas recomendacións sobre o tratamento dos casos de violencia machista nos medios de comunicación públicos galegos. Tamén polo do director xeral do ente público, aquel que publicamente ten defendido que a loita contra a violencia de xénero é “unha prioridade absoluta” e que debe tratarse de “forma transversal”. Quen dá a cara?

Comentarios