Opinión

Territorio

[Xesús M. Piñeiro]

A Comisión Europea leva dúas décadas presionando a Xunta para que aumente o ámbito da Rede Natura 2000, unha ferramenta de protección para conservar o patrimonio natural e garantir a sustentabilidade, atendendo ás necesidades económicas, sociais e culturais. Galiza é a zona do Estado español con menos territorio incorporado a esta rede.

Embora contar con apenas 12% da súa superficie con este tipo de protección, unha parte considerábel desas zonas de alto valor ambiental están afectadas por proxectos eólicos. 

Os Gobernos de Núñez Feixoo negáronse a ampliar esta rede. O ambientalismo considera que se saíse adiante no seu día a proposta de ampliación, agora mesmo 35 parques eólicos non poderían construírse. Zonas previstas para a ampliación da Rede Natura sobre as que pairan dous proxectos de parques eólicos, como na Serra da Groba. Ou na de Xistral, na que hai un novo parque de muíños de vento en tramitación e sete en solicitude. 

Ao tempo que o Executivo galego decide non ampliar a rede si que decidiu aprobar a popularmente coñecida como ‘Lei de Depredación’, abrindo as portas a macroproxectos cun grande impacto no territorio. Non dan puntada sen fío.

Comentarios