Opinión

Temos patria, temos lingua

[Xoán Costa]

Nesta semana en que comeza a campaña electoral para as eleccións do 12-X non está de máis lembrar as palabras pronunciadas en Tui hai 129 anos por Alfredo Brañas. Foi o 24 de xuño de 1891, apenas un mes despois do traslado dos restos de Rosalía de Castro do cemiterio de Adina a Compostela. Celebraba Tui uns Xogos florais concibidos como un espazo claramente reivindicativo da nación galega en base á asociación dos conceptos de lingua e nacionalidade.  Para o rexionalismo o traslado dos resto de Rosalía, igual que os xogos de Tui, foi un acto de afirmación política e, nese contexto, Brañas, mantedor dos Xogos, remata o acto coas palabras  "Temos patria, temos lenguaxe, temos fé...¡ estamos salvados!

Nestas eleccións, algunhas forzas políticas, mesmo seguidoras declaradas do pensamento de Brañas,    seguen coa sua doutrina negacionista da nosa lingua e da nosa historia.

Por máis que neguen, temos patria, temos lingua. Nunha e noutra temos fe.

O da salvación xa é outra cousa.

Comentarios