Opinión

A Sputnik en Alemaña

[María Obelleiro]

Axestión da pandemia e, singularmente, a estratexia de vacinación están a evidenciar a debilidade da Unión Europea. O plan de Bruxelas para inocular os antídotos fracasou fronte aos plans dos EUA, do Reino Unido e da China. Tamén se amosa a febleza do sector farmacéutico e biotecnolóxico, pois a UE non foi quen de desenvolver unha vacina propia.

O feito de que a meirande parte das vacinas xestionadas por Bruxelas sexan propiedade de multinacionais norteamericanas -a de Pfizer, a de Moderna e a de Johnson & Johnson- demostra que a UE segue a depender dos EUA. Non por acaso, Bruxelas declinou valorar os antídotos que non proceden do bloque atlantista, como o de Rusia, o da China ou o da India.

A decisión de Alemaña de buscar unha nova vacina, a Sputnik, fóra do espazo OTAN, crea unha fenda na propia xeoestratexia da UE. Preguntámonos se se seguirán a pór os intereses do bloque atlantista por diante da saúde das persoas, sobre todo, nun momento como o actual, de falta de vacinas pola restrición de idade imposta ao antídoto de AstraZeneca.

Comentarios