venres 10.07.2020

SOS Sanidade Privada

Si, non é un despiste no titular. Feixoo sae ao rescate, máis unha vez, da sanidade privada en lugar de defender e pór en valor a sanidade pública. Segundo puido saber este medio, a Xunta de Galiza chamou a filas xerencias de áreas sanitarias nas que se organiza o sistema galego de saúde para recortar as ‘peonadas’ co fin de derivar máis pacientes á sanidade privada. Un paso máis no desmantelamento da sanidade pública, que este verán volverá sufrir feches de camas hospitalarias.

O compadreo do PP co sector privado vén de lonxe. Aí están as múltiples tesoiradas dos últimos anos na sanidade pública, o transvasamento de fondos públicos á privada e tamén as portas xiratorias. A pandemia evidenciou a imperiosa necesidade dun sistema público de sanidade robusto, que non escatime en investimentos e que coide das e dos profesionais, moitos deles con contratos eventuais e precarios. Saíulle mal a Feixoo o bono electoralista de 250 euros para persoal sanitario. Equivocouse. A campaña electoral vai de sanidade, mais non de esmolas

comentarios