Opinión

Sermos máis!

Sete anos, 350 números de semanario Sermos Galiza en papel e máis de 360.000 entradas no diario dixital. E todo, grazas ao apoio das persoas subscritoras, colaboradoras, lectoras... e das empresas e institucións que escollen o noso medio como escaparate para os seus anuncios. Sermos Galiza suma os anos sendo o único semanario en galego que pode atoparse nos quiosques e estando á cabeza dos medios dixitais nativos en galego en número de difusión.

A nosa arela por querer ampliarmos un espazo de comunicación galego levounos a lanzar o proxecto para a saída do diario en papel. A inicios de 2019 anunciabamos que as 3.000 subscricións que marcaban o mínimo necesario para soster financeiramente o novo medio e agora estamos construíndo o proxecto xornalístico. Verá a luz, con números cero, a finais do ano para entrado 2020 saír de terzas a sábado.

As subscricións continúan abertas para afortalar un medio que vai poñer normalidade nun país que carece de diarios en papel en galego. Ao igual que Sermos Galiza, Nós Diario non nace co apoio de ningún gran poder detrás nin de ningunha grande empresa. O diario en papel e o diario dixital serán o que queiran as milleiros de mans que acreditan no proxecto. Sermos máis!

Comentarios