Opinión

Seguirmos andando

[Xoán Costa]

Sermos Galiza S.A. celebra hoxe a súa Xunta Xeral de accionistas. Unha Xunta de carácter ordinario e que non tería nada de particular a non ser por coincidir e se celebrar no contexto do décimo aniversario da constitución da empresa e dos dez anos da saída da cabeceira de igual nome.

Mais non podemos, nen queremos, ver este acto de celebración como unha efeméride máis na que brindar polos logros alcanzados e os proxectos por realizar. Tampouco como un exercicio de compracencia.

Celebramos que nestes dez anos fixemos normal o que era unha anomalía, traendo ao primeiro plano informativo todos os temas que non tiñan, nen  teñen, reflexo na prensa convencional, procurando sempre  botar unha ollada construtiva cara á realidade galega, para contribuír a conformar, como pobo, unha opinión obxectiva e contrastada sobre todo o que nos afecta. Este foi o camiño seguido, un camiño non sempre fácil mais sempre atento ao obxectivo de sermos un medio de intereses galegos. Por aí, e na vosa compañía, seguiremos andando.

Comentarios