Opinión

Salvarnos

[Xesús M. Piñeiro]

E n tres semanas, Semana Santa. Gobernos como o de Madrid xa afirman publicamente que son partidarios para esas datas de levantar os fechamentos perimetrais e que flúan libremente os seus concidadáns por todo o territorio 'nacional'. Na Galiza, polo de agora, as voces son máis cautas. O conselleiro, se ben dixo que o fechamento perimetral se levantaría "o máis axiña posíbel", supeditou este paso a que a evolución da pandemia o permitise. De aquí a Semana Santa, veu dicir, a saber como estaremos.

A operación salvar a Semana Santa, pola que tanto devecen algúns representantes políticos e da patronal, cárgaa o demo. Como as pistolas. Unha cuarta onda da Covid, advirten expertos e investigadores, non sería simplemente unha vaga máis. A operación salvar o Nadal deixou na Galiza a súa consecuencia máis tráxica en centos de falecementos.

"Debemos salvarnos nós mesmos" dicía os versos dunha canción noutrora máis popular que agora. Non falaba de salvar nada nin ninguén máis, moito menos nadais e semanas santas. Falaba de salvar o importante. Lembran?

Comentarios