Opinión

Responsabilidade social

[Xoán Costa]

Responsabilidade social é a consigna que desde todas as institucións se nos demanda para poder superar esta alerta sanitaria con éxito. Mais esa responsabilidade, focada sobre todo cara a manter o confinamento e a seguir as medidas e normas de seguridade ditadas para superar con garantías este andazo, parece que non atinxe a certos responsábeis políticos, que non satisfeitos con lanzar diariamente proclamas patrióticas, dan un paso máis para abrazar proclamas totalitarias, reivindicando ás claras que o exército se faga co control da situación substituíndo o goberno na xestión da crise. Que persoas que sentan no Parlamento do Estado falen dun golpe de Estado como antídoto contra o virus e non pase nada, xunto co bombardeo mediático que se congratula, e así nolo lembra, que Catalunya xa supera Madrid en mortos e doentes, contradicindo a solidariedade interterritorial que proclama o Estado centralista, demostra ás claras a fraqueza dun réxime que non é capaz de confinar o franquismo.

Comentarios