Opinión

Reforma da Constitución

[Xoán Costa]

O Tribunal Constitucional é un órgao cuxa finalidade é interpretar a Constitución Española. Interpretar, non marcar liñas de reforma, pois nen o presidente nen ningún outro membro teñen atribuída tal capacidade. A iniciativa, co alcance que for, corresponde ao Goberno do Estado e a cada unha das Cámaras das Cortes, ou, xa con máis limitacións, aos Parlamentos autonómicos. A propia Constitución limita a reforma ao prohibir que se realice en tempo de guerra ou estando vixente algún estado de alarma, excepción ou sitio. E non permite unha reforma vía iniciativa lexislativa popular.

O presidente do TC, en entrevista radiofónica, di que unha reforma da Constitución ten que ter claros tres aspectos: "Saber que se reforma", "por que se reforma" e "en base a que criterios se reforma". Moi ben, Sr. González-Trevijano, mais quen marque os límites da reforma será quen ten a iniciativa de a levar a cabo, non quen está encargado de interpretar un hipotético recurso de inconstitucionalidade. Digo eu.

Comentarios