Opinión

Rectificar é de sabias

[María Obelleiro]

Resultaba inadmisíbel que a Avogacía do Estado desbotara recorrer a sentenza que resolve o recurso presentado pola familia Franco sobre o Pazo de Meirás malia considerar o veredicto que os herdeiros non actuaron con mala fe e que terían dereito a seren indemnizacións polas obras de mantemento que acometeran no inmóbel espoliado. Aplaudimos a rectificación do Ministerio de Xustiza, que se viu apreixado polas voces que acusaron a Avogacía de faltar o respecto á memoria e á dignidade das persoas que sufriron a represión.

Tivo que volver ser o movemento memorialístico galego quen actuase ante a pasividade amosada nun primeiro momento polo Executivo estatal. Aos poucos e, perante a presión social, institucións como o concello de Sada -o primeiro en anuncialo-, o da Coruña e a Deputación anunciaron que presentarían recurso contra a sentenza que branquea o franquismo e institucionaliza o roubo. Os tres grupos políticos acordaron onte no Parlamento que a Xunta da Galiza faga o propio. É hora de que tanto o Goberno estatal como o galego defendan a memoria das vítimas motu proprio e non porque o asociacionismo lle saca as cores. É de xustiza.

Comentarios